Fai anos, dende a interminable saga de Songoku, que non me quedaron máis ganas de volver a ver unha serie xaponesa nin ler un manga. Un queda un pouco farto de tramas sin argumento cheas de ninjas, robots, supertransformacións, loitas interminables, violencia a mazo, comeduras de tarro eternas das personaxes en momentos de accion decisiva...ou polo lado contrario historias de amor ñoñas e infantis con personaxes adolescentes. Sí, é irremediable, xa somos maiores e necesitamos historias máis maduras. Pero a pesar de todo botaba de menos ver algunha serie de animación e divertirme tanto como facía antes.
Investigando un pouco na wikipedia e adentrandome no mundo ánime descubrín que estes estaban clasificados por xeneros, e que había un xénero chamado "seinen" que ía dirixido a un público máis adulto (Non todo estaba perdido!).
E así foi como din con estas duas series xaponesas coas que pasei un moi bo rato . Unha titúlase "Nodame cantabile": trata sobre un xoven universitario pianista que quere ser director de orquesta. É unha serie de so 23 capitulos, no que escoitas moita música clásica, e coa que me rin un bo cacho (aventuras e desventuras de como formar unha orquesta sínfónica).
A outra serie chámase GTO (Great teacher Onizuka). Trata dun profesor bastante inusual, que é case tan crío como os alumnos (é un pouco macarra: motero, karateka..), e cómo estes lle queren facer todas as putadas do mundo para que se largue do instituto. (Quizais esta serie é un pouco máis inmadura que a anterior, pero é coñera e con bastantes dosis de picardía erotica, deixase ver).
Pois nada deixovos o primeiro cápitulo de cada serie para que lle botedes un ollo nun momento de ocio e non haxa nada que ver na tele. A verdade e que con so ver un capitulo xa podedes adiviñar se a serie vos vai gustar ou non. (PD: non vos deixedes amedrentar por eses ollos redondos e esas cancións horteras que abren e pechan os capítulos ou en tal caso non ver se sodes demasiado maduros e aburridos je, je)
Nodame Cantabile:
O que queira velo en pantalla completa: http://www.tu.tv/videos/nodame-cantabile-01
GTO: (é o segundo capitulo, pero é que o primeiro dura demasiado e pillades igual a trama)
Pantalla completa: http://www.tu.tv/videos/gto-episodio-2
terça-feira, 5 de agosto de 2008
Unha de anime xapones...
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
2 Comments:
Mi madrinha!! Muito longos Martita. Ademais o sotaque do japonés que empregam nom é o que eu domino... Poida que numha tarde de lecer no parque me ponha...pero dá-me que nom, hehehe!!!! Oes. Pero nom estám mal, vi-nos a correr e tenhem detalhes bem paveros. Hai nom!!!
Jeje, como que son episodios dunha serie de 20 minutos cada un, por iso dixen que é unha boa opción antes de ver calqueira chorrada na tele!
De todas formas recomendo máis a serie de Nodame Cantabile (que a vin enteira) que a outra, estou polo cápitulo 9 e estame empezando a aburrir, é a mesma dinámica sempre y a veces moi parideira e moitas espumeadas, pero que conste que o capitulo que colguei moloume bastante.
Post a Comment