quarta-feira, 27 de agosto de 2008

O livro galego abre-se caminho nas livrarias brasileiras

Nom todo iam ser malas novas coa nossa lingua, nom?
PD: Poldix, ti saberas algo disto seguro
---------------------------------------
Internacionalización da nosa literatura

O libro galego ábrese camiño nas librarías brasileiras

Éxito da visita do país á bienal de São Paulo, onde o sector editorial galego sachou espazos no mercado literario do Brasil.



Interese pola venda dos libros galegos e por mercar dereitos de edición de obras son dous dos logros que destacan desde a Asociación Galega de Editores (AGE) á volta da Bienal Internacional do Libro de São Paulo. Membros da AGE participaron en máis de 60 encontros editoriais e gremiais, colleitando contactos e proxectos de cara á visibilización da edición galega entre os profesionais do sector no Brasil.

A AGE espera que en breve o camiño aberto sirva para permitir contar con fondos da edición galega nas librarías de São Paulo, "materializar a venda de dereitos de diversas publicacións das editoras galegas participantes e a venda de libros traducidos ao portugués para a distribución directa nas librarías". A edición galega quere contar cun espazo permanente nos andeis das librarías brasileiras, a manter en colaboración co lectorado de Galego na Universidade de São Paulo e as sociedades e asociacións galegas.

Tamén agardan colaborar co proxecto de bibliotecas do estado de São Paulo a través do profesor universitario, físico e filósofo Shalon J. Ruiz Goldfarb, promotor e coordinador do “Proxecto São Paulo:un estado de lectores”. Creado en 2003, deseñouse para a "democratización do acceso á lectura", coa captación de fondos para a posta en funcionamento e dotación de bibliotecas de todo o estado.

Ver a noticia, em Vieiros

4 Comments:

Marta said...

Sí, moi bonito iso de vender dereitos de autor e publicacións de libros galegos noutro país, pero se logo pasa que os que nos esforzamos en facer eses libros non vemos nin un duro deses dereitos, e os unicos que se lucran son as editoriais, pois xa non me parece tan bonito. Fai 5 anos que o meu libro de Xerais ¡Como está o galiñeiro! publicouse ao portugués como ¡Galinhas á solta! cedido a "Deriva editores" unha editorial portuguesa. Suponse que cada ano tes que cobrar os dereitos. Pois so os cobrei unha vez no 2005 despois de estar enriba de Xerais unha vez si, e outra tamén e é moi cansino. Este ano volvin a cabrearme porque desde esa ultima vez xa pasaron 3 anos!!! (eso sí cos dereitos da edición en galego non teño queixa, cada ano están ahí puntuais)

O'Chini said...

Pois nom tinha nem ideia de que isso fose assi.

Suponho que os escritores deveredes sindicar-vos ou algo, ou ir ao Cobrador do Frac para presionar aos morosos.

Por certo, e isso o que fixerom cos livros no Brasil? Vender os dereitos? Isso significa que perdem todas as ganancias que deram os livros ala? Joer, que forte! Isso si que nom o deveriam fazer!!!

Marta said...

Home, non, pero cando cedes os dereitos a un terceiro, as ganancias son bastante menores. Se coa editorial galega gano o 10 por cento das ventas, e esta lle cede parte dos dereitos a unha editorial estranxeira, a estranxeira tenlle que dar unha porcentaxe dos beneficios do libro á galega, que pode ser outro 10 por cento das ventas. Este beneficio se reparte a partes iguais entre a editorial galega e o autor do libro. Ou seña que estaría gañando so un 5% das ventas deses libros publicados no estranxeiro. Conclusión: o millor e que o autor lle venda directamente eses dereitos a editorial estranxeira, e que non haxa un intermediario de por medio (como a editorial galega por exemplo) para ter unhas ganacias decentes. Pero a putada é que prácticamente a maioría dos contratos das editoriais son en exclusiva, e dicir que si publicas un traballo con eles non o podes levar a outra editorial inda que sexa de fora do país (eles se queren asegurar a exclusividade de explotacion desa obra no estranxeiro, ainda que logo na maioría dos casos non se faga)

Gonzalo Amorin said...

Manda caralho...