Um nom deixa de se surprender cada manha....
------------------------------
AS POLÉMICAS DECLARACIÓNS DUN 'INTELECTUAL'
“¡Non me compare o catalán co galego! O catalán é un idioma importante...”
O filósofo George Steiner aproveita unha entrevista nun xornal español para cuestionar a presenza do noso idioma no ensino universitario.
George Steiner
Os prexuízos lingüísticos máis primarios podemos atopalos incluso entre “intelectuais” consagrados. Un exemplo é o de George Steiner. O pensador nacido hai 79 anos en París está considerado como un dos mellores filósofos europeos das últimas décadas. Porén, os seus coñecementos non o liberan de prexuízos ben particulares. Así, nunha entrevista publicada en El País, Steiner enxalza o catalán fronte a unha lingua galega que considera inferior. Logo de criticar que a nosa lingua teña presenza na universidade e diante da sorpresa do xornalista, Steiner non dubida en dicir: “¡Pero non me compara o catalán co galego! O catalán é un idioma importante, cunha literatura impresionante. Mais o galego, por que ten que ser obrigatorio nunha universidade?”
Na delirante entrevista, o crítico e teórico da literatura tamén se refire a unha hipotética relación entre o euskera e a existencia de ETA: “Ese idioma é tan misterioso, é moi raro, moi poderoso. Quizais por iso a algunha desta xente lle resulta tan imposíbel aceptar o mundo exterior”.
Ver noticia em Vieiros, e links a entrevista original en El Pais.
3 Comments:
Sí, a verdade e que da penita que alguén tan "culto" coma el diga semellantes burradas!!!
Hai que tocarse os collóns!! Xa me puxo de mala ostia! Menudo cerebro de manís! Non sei que cona se lle pasará pola cabeza!
Pufff!!!
Post a Comment