quinta-feira, 14 de agosto de 2008

Mais xogos adictivos...DICEWARS!

Hola!



Por se non coñecedes este xogo dicirvos que é un xogo flash basado no Risk (de partidas moito máis rápidas de 10 ou 15 min, así que nada de noites de insomnio, je, je). A min a verdade e que resultoume moi adictivo e moi sinxelo.

Breves nocións do xogo, pois non vin nengun tutorial por ahí:

Vos controlades os dados violetas. Atacas dende unha rexion túa a outra contigua. Se sacas maior puntuación ao lanzar os dados, anexionas a rexion. Canto máis grande sexa a torre de dados máis probabilidades de sacar maior puntuación e mellor defendido estara ese territorio. Cando rematas o teu turno recargas os dados que vas perdendo nos ataques segun o numero de territorios ou rexions que teñas conquistado. Se tes cinco rexions, recargas 5 dados etc... pero ollo! eses territorios teñen que estar unidos!, por exemplo se tes 10 territorios en total, pero 6 unidos nunha esquina e 4 noutra, non recargas 10 dados, senon 6. Asi que a unión fai a forza! e desunir a un enemigo o debilita. Pois xa está! O millor é xogar que se pilla rápido.

Este é o sitio:
DICEWARS

Saudos...

2 Comments:

O'Chini said...

Ta bom!
Pero ainda nom pilho qual e o mecanismo para cobrar: as vezes tenho territorios conectados comppletamente e nom cobro as fichas correspondentes, ademais ponas el onde quere....

Marta said...

Bueno, o de cobrar os dados agora que lle estiven botando un ollo creo que non é exactamente como dixen pero é algo aproximado, eu penso que ten bastante que ver co numero de territorios que teñas e sobre todo co numero deles que estén unidos. Tamen, disminue a recarga se en varias ocasions seguidas perdes cos dados.Sí, e o ordenador os distribue aleatoriamente. Bueno e cuestion de que vaiades xogando e lle pilledes o truquillo.