Misteriosamente, nom sei por que motivo, hoje hai um ano que deixamos de publicar no nosso caro blogue. Sem explicaçom algumha, logo de muitíssimo tempo, ao botar umha olhada, puidem constatar a coincidência. Já vai aló um ano!! Entom que?
domingo, 29 de dezembro de 2013
sábado, 29 de dezembro de 2012
Final de ano
Aínda que por estes pagos pasen por veces as plantas rodadoras dos desertos, vaia hoxe a felicitación aos amigos e amigas da zona vella. Despois dun ano tan bo por tantas razóns, un mellor aínda ano que veña para todos e cada unha.
E de non nos vermos por acá, que nos vexamos en persoa, e por ben.
Forte abrazo para os vellacos e a xente nova! Feliz ano triskadekafílico!
Posted by
O'Poldow
at
18:32
3
comments
quarta-feira, 10 de outubro de 2012
quarta-feira, 19 de setembro de 2012
a long, long time ago...
... I can still remember how
That music used to make me smile
Ven isto a conto dunha mensaxe que recibín onte no Facebook.
Moitos de vós lembraredes aquela web (ghastaspista.com) na que xunto a algúns dos máis grandes da música galega aparecía unha humilde ¿maqueta? dos, daquela aínda mozos, Zángalla Mángalla.
Pois ben, hai pouquiños días outro dos egréxios colaboradores deste blogue engadía, 5 anos despois do último, un novo comentario ao "En Concerto" de Zángalla Mángalla. E que ten que ver o facebook en todo isto? Pois que foi o xeito en que me atopou Raquel Gamallo, a rapaza que xestiona ghastaspista.com, para reenviarme dito comentario. Así que velaí o comparto con vós:
Oscarparadela: Rapaces cada vez que escoito a maqueta morro de nostalixa, tedes que xuntarvos e gravar un LP en directo a modo de despedida ben feita como fixeron os Heroes del Silencio!! vos encargádevos da música que eu movo o tema técnicoBiquiños a tod@s!!
Estaba ollando como redirixirvos a mensaxe e ocorreuseme buscarte no facebook
Un saúdo!!
http://www.ghastaspista.com/discos/comenta.php?id=141
Así que o desafío está sobre a mesa, agora só nos queda "actuar" (nunca mellor dito) en consecuencia. Iso si, en canto as crianças (recén vidas e a piques de vir) deixen un chisquiño de tempo.
PD: Por certo, ás veces préstame máis esta versión do American Pie
Posted by
Edu P.
at
12:22
4
comments
Labels: as nossas cousas, concertos, humor, música, psicología
segunda-feira, 17 de setembro de 2012
Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e Bretanha
Esta fermosa historia narrada musicalmente:
Gústavos?
Posted by
Oishu
at
00:05
1
comments
quinta-feira, 13 de setembro de 2012
Reflexión apoiada en citas célebres
Que a esquerda está dividida é un feito incontestable dende a súa propia formulación. Que a dereita controla e manipula os medios informativos masivos (aos que subvenciona con cartos públicos) non nos colle de sorpresa. Que a actitude pasivo-pasota-queimad* favorece ao resultado electoral da dereita, divide máis á esquerda e é 99% froito da manipulación informativa, é un feito. Que a escisión no nacionalismo non chegou no mellor momento está á vista. Que a vella garda cometeu erros de integración das diferentes correntes dentro do nacionalismo tamén o vemos todos. Que a esquerda triunfa electoralmente cando se presenta unida demóstrao a historia. Que ser político e facer política implica saber negociar, ceder, contrastar intereses e plantexar o ben común! Que o 90% do electorado nacionalista de esquerdas temos o "corazón partío" e non sabemos dicir se queremos máis ao papá ou á mamá! Que esa mesma porcentaxe nos sentimos irmáns da maioría de propostas de esquerdas! Que non nos cremos nin que os da UPG sexan malos malísimos manipuladores, nin que os Irmandiños e Máis GZ queiran esnaquizar o nacionalismo galego nin que IU sexan uns españolistas! "Se nos organizamos, follamos tod*s" (Antón Reixa) "Sexa quen sexa, un nacionalista é un compañeiro" (Mª Xosé Bravo) "Luchamos entre nosotros mientras ellos se ríen, unámonos contra ellos porque sólo son muerte" (La Polla Records) "Odiamos aos romanos, pero inda odiamos máis..." (Monty Python) "A coalición é un acordo de unidade de acción e non un casamento, e segue aberta" (X.M.Beiras) "Es lo primero, ganar la guerra y después, sólo después, podremos hacer la revolución" (Siniestro Total) "A nosa posición, no BNG, é clara e coherente: soberanía, democracia e traballo. Unha posición transformadora e emancipadora no social e no nacional, para poñer o centro nas persoas, nas maiorías sociais, nos seus dereitos e benestar" (Xavier Campos) E quixera lexitimar esta reflexión apoiado no privilexio que me proporciona o contar entre os meus fans (e algúns tamén amig*s) con Ana Pontón, Martiño Noriega e Carlos Aymerich... (entre outros) Longa vida ao nacionalismo de esquerdas! Roberto Sobrado
Posted by
The Sobrado
at
12:37
4
comments
segunda-feira, 10 de setembro de 2012
Temporada de patos
Que pasa, garot@s? Isto xa me lembra unha pelícona mexicana, entitulada tal que o título deste post. O blogue coma unha bandada de patos en que ás veces vai un adiante, despois outro, coma en triángulo ou ala delta: poeticamente, fendendo o aire do tempo.
Así que vai un terceiro meu seguido xa post, e que sexa cuaternario. Musical por un, francófono por outra, pseudo-canadiado por un terceiro, montrealés pola miña banda. Novidoso polos que menos se manifestan. Igual vistes estes días os europeos a nova sobre a victoria do soberanistas no Québec, que se saldou cun morto debido a un tolo... Os galego-chineses a güevo que a viron.
No Estado Españolo, preparando por Levante a Diada os cataláns, sen reparar en gasto de bandeiras esteladas. Aquí sen clima de eleccións, polo menos o clima aquel do Brasil que eu lembro, en que cada candidato tiraba o seu propio jingle e as eleccións parecíanse ás veces a un concurso da OTI.
E dígome eu agora: E el que canción darían os polo menos catro partidos nazonais da Galiza?
ANOUVA roubaríalle seguramente a participación de Juan Pardo ao propio PêPe, e "Xuntos" adquiriría tintes soberanistas. Habería en todo caso que ver se o devandito trobador aínda está vivo, ou polo labor.
OSOE tiraría de clásicos, e na súa onda latina de pana remontada, talvez optase polo título esclarecedor do seu posible senviver: "No soy de aquí ni soy de allá" (Do magnífico Facundo Cabral que, por outra parte, ben vale unha misa atea, e morreu dunha maneira que mandou moito carallo en Guatemala...).
E despois a parella de baile dos que bailan senlleiros. O PêPe e o Blo-Q. Con estes, é claro, foi cos que máis voltas tiven que darlle. Respecto aos últimos -que algún día serán os primeiros- talvez descubran o que eu veño hai anos dicindo polo calado: que as verdadeiras raigames da Galiza futurible pasan... por Jalisco, e botaríanse á música de veras.
E Pêpe? Seguramente botarían man de Michel Tellô, eu creo, excusándose nos recortes, pero négome a darlles aínda máis cancha nin a uns nin ao outro...
E quedemos en fin por hoxe cos soberanistas, quebequeses e sentimentais.
.
Posted by
O'Poldow
at
01:06
2
comments
Labels: as nossas cousas, música, Politica
segunda-feira, 3 de setembro de 2012
quarta-feira, 29 de agosto de 2012
Post útil
Un dos zonavelheiros xa lle pode sacar proveito ipso facto. Outros dous, se por ben é (expresión galega para desexar que unha cousa saia ben), non han tardar en darlle uso... canción de berce enjebre onde as haxa...
E coa mesma, pois un breve repaso estival, coa idea de insuflarlle algo de movemento ao artefacto da Old Zone. Xa o dixo un crítico literario: sempre que escribimos, estamos escribindo sobre nós.
Incluso aqueles que falan sobre a composición das rochas de Marte, escriben dalgún xeito sobre eles mesmos. Ou déixanse ver no que escriben. Tal me sae o texto: tal estou.
De modo que direi que a min, O'Poldow, estes meses de xullo e agosto se me escaparon como agua nun cesto, coma area nas mans, como fume. Sen moita cousa física feita derradeiramente, acórdanme agora aqueles versos de Qué Vedo:
Dos cales coñecía a primeira estrofa, e non acabo de entender de todo as dúas últimas. Inmerso na inmediatez deste post, na inmediatez dos interfaces do blogue, opto por non todo pontificar e, tosco, continúo.
Do verán, así, lembro agora unha opípara cea con tres músicos do sur do país, que por extrañas vías foi vista até do outro lado da mare oceana. Un gorentoso (teño que utilizar ese adxectivo) francisco frango á grelha, boa compaña, todo así como de repente. Boas novas, saber que a vida é fecunda e múltiple para xente coñecida é próxima.
Antes, o día da Pátria, o 25 máis estraño e desnortado: anovando, medio compromisando, bloqueando. E como di unha miña amiga mineira: Quem tem tres mulheres nao tem nenhuma.
Días pola aldea: segar (algo), botar man nas festas, saber de parques eólicos, de concursos eólicos. Ter a impresión de que se Otero Pedrayo ou Afonso Daniel vivisen hoxe... pois... non sei. Tipo: A nosa terra non é nosa?
Chegarme a oferta de liquidación do fondo editorial d'A Nosa Terra.
Pasa o verán, virá o outono.
Non, tampouco iso. Libros coma ilustres compañas. Xusto en fronte:
Maravilhas de Sao Tiago. Narrativas do Liber Sancti Jacobi (Codex Calixtinus), de Maria do Amparo Tavares Maleval.
E para que este sexa un post útil de verdade, tomo agora o traballo de transcribir a tradución de Tavares Maleval da historia De Guillelmo milite capto quem comes gladio percussit collo nudato et eum ledere nequivit
Posted by
O'Poldow
at
02:23
0
comments
Labels: dados prácticos, literatura, musica
domingo, 19 de agosto de 2012
Abascal dice que prefiere seguir con escolta a que España se rompa
DONOSTIA. Pese al nuevo tiempo abierto tras el fin definitivo de las actividades de ETA anunciado el pasado 20 de octubre, el exparlamentario del PP en la Cámara de Gasteiz Santiago Abascal lo tiene claro: "Prefiero una España con escoltas pero unida que libre pero rota". En declaraciones a Intereconomía, el presidente de la Fundación para la Defensa de la Nación Española, Denaes -que fundó en 2006- dice esperar que sus hijos no tengan que ir a la universidad con guardaespaldas, como fue su caso. Sin embargo, añade que "para mis hijos deseo otra cosa: una España unida. Prefiero que vayan con escolta en una España unida que libres en una España rota". http://www.noticiasdegipuzkoa.com/2012/08/18/politica/euskadi/abascal-dice-que-prefiere-seguir-con-escolta-a-que-espana-se-rompa
Posted by
O'Chini
at
18:59
0
comments
Biquiños a tod@s!!