Que pasa, garot@s? Isto xa me lembra unha pelícona mexicana, entitulada tal que o título deste post. O blogue coma unha bandada de patos en que ás veces vai un adiante, despois outro, coma en triángulo ou ala delta: poeticamente, fendendo o aire do tempo.
Así que vai un terceiro meu seguido xa post, e que sexa cuaternario. Musical por un, francófono por outra, pseudo-canadiado por un terceiro, montrealés pola miña banda. Novidoso polos que menos se manifestan. Igual vistes estes días os europeos a nova sobre a victoria do soberanistas no Québec, que se saldou cun morto debido a un tolo... Os galego-chineses a güevo que a viron.
No Estado Españolo, preparando por Levante a Diada os cataláns, sen reparar en gasto de bandeiras esteladas. Aquí sen clima de eleccións, polo menos o clima aquel do Brasil que eu lembro, en que cada candidato tiraba o seu propio jingle e as eleccións parecíanse ás veces a un concurso da OTI.
E dígome eu agora: E el que canción darían os polo menos catro partidos nazonais da Galiza?
ANOUVA roubaríalle seguramente a participación de Juan Pardo ao propio PêPe, e "Xuntos" adquiriría tintes soberanistas. Habería en todo caso que ver se o devandito trobador aínda está vivo, ou polo labor.
OSOE tiraría de clásicos, e na súa onda latina de pana remontada, talvez optase polo título esclarecedor do seu posible senviver: "No soy de aquí ni soy de allá" (Do magnífico Facundo Cabral que, por outra parte, ben vale unha misa atea, e morreu dunha maneira que mandou moito carallo en Guatemala...).
E despois a parella de baile dos que bailan senlleiros. O PêPe e o Blo-Q. Con estes, é claro, foi cos que máis voltas tiven que darlle. Respecto aos últimos -que algún día serán os primeiros- talvez descubran o que eu veño hai anos dicindo polo calado: que as verdadeiras raigames da Galiza futurible pasan... por Jalisco, e botaríanse á música de veras.
E Pêpe? Seguramente botarían man de Michel Tellô, eu creo, excusándose nos recortes, pero négome a darlles aínda máis cancha nin a uns nin ao outro...
E quedemos en fin por hoxe cos soberanistas, quebequeses e sentimentais.
.
2 Comments:
Huas!!
E falta Compromiso X Galicia e mais Partido da Terra.
O que nom se sinta representado nestas elelições por ninguem nom tem perdom!!!
Si, ho! O que pasa con eses é que xa entrariamos nos xéneros músicais da charanga (modo irónico on).
Post a Comment