quarta-feira, 19 de setembro de 2012

a long, long time ago...

... I can still remember how
That music used to make me smile


Ven isto a conto dunha mensaxe que recibín onte no Facebook.

Moitos de vós lembraredes aquela web (ghastaspista.com) na que xunto a algúns dos máis grandes da música galega aparecía unha humilde ¿maqueta? dos, daquela aínda mozos, Zángalla Mángalla.

Pois ben, hai pouquiños días outro dos egréxios colaboradores deste blogue engadía, 5 anos despois do último, un novo comentario ao "En Concerto" de Zángalla Mángalla. E que ten que ver o facebook en todo isto? Pois que foi o xeito en que me atopou Raquel Gamallo, a rapaza que xestiona ghastaspista.com, para reenviarme dito comentario. Así que velaí o comparto con vós:

Oscarparadela: Rapaces cada vez que escoito a maqueta morro de nostalixa, tedes que xuntarvos e gravar un LP en directo a modo de despedida ben feita como fixeron os Heroes del Silencio!! vos encargádevos da música que eu movo o tema técnico wink Biquiños a tod@s!!

Estaba ollando como redirixirvos a mensaxe e ocorreuseme buscarte no facebook
wink

Un saúdo!!


http://www.ghastaspista.com/discos/comenta.php?id=141

Así que o desafío está sobre a mesa, agora só nos queda "actuar" (nunca mellor dito) en consecuencia. Iso si, en canto as crianças (recén vidas e a piques de vir) deixen un chisquiño de tempo.


PD: Por certo, ás veces préstame máis esta versión do American Pie

4 Comments:

The Sobrado said...

Pois veña, a ver se é certo! eu ofrezo colaboración. Que vos parece? :)))))))))

Marta said...

Hahahahaha, que bo! Pois eu coñecia a páxina pero non sabia dos comentarios...Cando queirades retomamos! A este paso xa vou poder facer as partes de Noela se me aplico ben coa flauta traveseira :P

O'Chini said...

Huas! :) Oscar sempre foi um nostálgico!

Por mim nom vai haver falho. O único seria resolver os problemas logísticos da distância.....

Mas se nos re-rexuntamos, logo o corpo pide mais, eu aviso! :D

O'Poldow said...

Aí, aí. Que volvan, que os esperan os fanks. Eu apóntome a colaborar como público enforverizado (aínda que hei de dicir que vou progresando nas aulas de Pandeireta)