... I can still remember how
That music used to make me smile
Ven isto a conto dunha mensaxe que recibín onte no Facebook.
Moitos de vós lembraredes aquela web (ghastaspista.com) na que xunto a algúns dos máis grandes da música galega aparecía unha humilde ¿maqueta? dos, daquela aínda mozos, Zángalla Mángalla.
Pois ben, hai pouquiños días outro dos egréxios colaboradores deste blogue engadía, 5 anos despois do último, un novo comentario ao "En Concerto" de Zángalla Mángalla. E que ten que ver o facebook en todo isto? Pois que foi o xeito en que me atopou Raquel Gamallo, a rapaza que xestiona ghastaspista.com, para reenviarme dito comentario. Así que velaí o comparto con vós:
Oscarparadela: Rapaces cada vez que escoito a maqueta morro de nostalixa, tedes que xuntarvos e gravar un LP en directo a modo de despedida ben feita como fixeron os Heroes del Silencio!! vos encargádevos da música que eu movo o tema técnico Biquiños a tod@s!!
Estaba ollando como redirixirvos a mensaxe e ocorreuseme buscarte no facebook
Un saúdo!!
http://www.ghastaspista.com/discos/comenta.php?id=141
Así que o desafío está sobre a mesa, agora só nos queda "actuar" (nunca mellor dito) en consecuencia. Iso si, en canto as crianças (recén vidas e a piques de vir) deixen un chisquiño de tempo.
PD: Por certo, ás veces préstame máis esta versión do American Pie