terça-feira, 3 de julho de 2012

Unha descuberta revolucionaria: o bolseiro de Giggs



Tirado da reportaxe "A revolutionary discovery: the bolsery os Giggs", en  NATURE SCIENCES, (July, 2012):

"A descuberta deste particular vén revolucionar a física na súa cerna. Deconfiabamos que Ryan, sobre todo cando corría pola estrema dereita, alteraba a percepción do espazo tempo por causa da curvatura da materia esférica. Craso erro. Desde a semana pasada, puidemos saber que o que ten é un bolseiro que traballa para el, agás cando xoga con Cymru", declarou o profesor H.P. Wells, do laboratorio do Cerne en Suíza a esta revista.

Xoán Guixar (32, Cangas do Morrazo), deste xeito,  é o verdadeiro responsable da meteórica carreira de Ryan Giggs. Desde o 1999, cando o Manchester gañou a Champions en Barcelona, é quen centra, canea e remata nos partidos no canto do coñecido xogador galés. "Comecei cunha bolsa FEUGA e despois xa fun enlazando unha noutra. O carallo é que aínda teño unicamente tres meses cotizados", confesa Guixar.

FOTO: Compañeiros de Ryan Giggs no Manchester United felicitándoo pola renovación do seu bolseiro cun novo contrato de prácticas.

1 Comment:

O'Chini said...

Haha!! Que bom! Ao princípio ainda pensei que havia um tal Higgs no Manchester e que lhe fixeram a conha, de que por fim fora descoberto...!