quarta-feira, 13 de outubro de 2010

De quando ainda eramos tribo.

E assim, na escola foron-nos alheando de nós, e junto com a Igreja, e com umha elite descabeçada ou medorenta, chagamos ao agora. Tristura! Gram documento de umha época que nom foi tam lonxana como aparenta. Saude irmáns!


3 Comments:

O'Poldow said...

Múltiples lecturas... porén, a min unha das que me marcan máis é cando lle preguntan ás rapazas que por qué non queren traballar no campo e responden todas a unha voz, desde o fondo do fondo: ¡porque no nos gusta!

Marta said...

O que vexo é como cambiou a sociedade tanto. Pasamos de ter fillos como elemento productivo, pois axudaban nas tarefas da casa e do campo, a ter fillos como un ben de consumo calqueira. Antes daban ganancias, ou polo menos non daban perdas, agora dan gastos. A este paso serán un elemento de luxo...Nos estamos pasando con isto de ter aos fillos entre algodóns, e consentindolle todo, creando pequenos déspotas que non soportan a mais mínima fustración. Hummm, sendo un pouco malvada, non estaría mal volver aos tempos de antes e ter un pequeno esclavo na túa casa: "rapás, vai a por tabaco" "rapás, vaiteme a tenda"¡Anda que non me teño eu jartado de andar de recadeira! :P

O'Chini said...

Testimónio clarísimo do "bilingüismo que sufrimos", como dizia a profesora aquela. -claro está, a culpa bota-se implicitamente ao galego, e nom do castelám no que se fixo o filme. Que natural resulta esa fonética! Que naturais as expressions!! Haviam de parecer todos tam porvinhos e parados, tam acomplexados quando sairam as cámaras!!!

A ecuaçom magistral "que astrasados eramos" e que "galleguinhos" fica bem interiorizada.

Hoje em dia a nossa riqueza material milhorou, e com isso, como se fosse ligado, a nossa fonética valhisoletana. Nom voltemos atrás na lingua, nom vaia ser que voltemos todos aos arados.

Para progresar has de renunciar. Ainda há de haver hoje gente que vendo este video acredite.