domingo, 2 de novembro de 2008

CURTA "CIEN AÑOS"

Ola panda! Vexo que o blog está ben productivo ultimamente, con tanto cadáver e demáis. Sinto non ter participado moito pero ando ben liada ca preproducción dunha curta subvencionada pola Xunta. Rodamos en tres semanas en aquí en Galicia, así que vos faredes unha idea do curro no que estou emerxida: localizar, casting dos actores, contactando cos diferentes departamentos (Arte, Vestiario, Maquillaxe, Son, Foto, Dirección...), concretando con todos eles a estética e a intención do proxecto, tentando conseguir novos financiamentos de diferentes entidades, etc, etc, etc. Estou exhausta pero feliz, porque me chifla todo o proceso. Imos ter actrices coñecidas, tamén o compositor da BSO e imos rodar ca cámara Red One, que é do mellor que hai de dixital (con ela rodouse a peli do Che). En fin... un luxo.

Agora quería ensinarvos a curta que fixen este curso. Esta historia quería contala por unha serie de factores persoais e dinme o luxo de levala a cabo. Non é un grande exercicio de inxenio guionístico, pero eu tiña a necesidade de facela.
Póñovos aquí o enlace a youtube, porque tedes que marcar a opción "ver con alta calidade" que hai xusto embaixo da pantalliña, porque haiche diferencia, aínda que se sega a ver fatal. De paso, podedes facer o mesmo cun dos enlaces relacionados, onde aparece o videoclip que xa vos ensinara, pero que tamén da a opción de calidade mellorada. Agora estanno a poñer na MTV, e según me comentou un colega, na súa pax web( da MTV) está de quinto nos mellores vídeos de hip hop de toda España (ten coña).

En fin, aquí vos deixo o enlace. Aperta e que sigades tan productivos cos cadaveres.

Cien Años

3 Comments:

Marta said...

Que avoiño tan entrañable!!!O ves e xa o queres. Que ben actuan. É un guion sinxelo,sí, pero emotivo, quizas sexa eu moi sensible demais pero conseguiu emocionarme. Un bico Cris, e adiante co novo proxecto. Moita sorte con todo!

O'Chini said...

Que bom!!!
Gostei moito, Cris,
o tema toca de cerca...

Os actores genial, e a rapaza pequena foi ganhando ao final. O piso quedou moi bem ambientado, foi todo um excelente trabalho. O problema das curtas é que sabem a pouco e um sempre quere um pouco máis!!!... segue assi e pronto farás umha longametragem.

Maria said...

Hei Cris!como mola todo; actores,decoración,temática... pero ten razón Loren, soubo a pouco :)
Moito ánimo ca seguinte!!!
Biquinhos.