quarta-feira, 8 de outubro de 2008

O CONCURSAZO III ?


Bueno, bueno, aqui vos deixo a foto deste trebello e a ver se alguén pode dicirme de que se trata ou para que serve. Os que saibades claramente o que é non me fodades o concurso e deixade que os demais pensen un chisco antes de responder. Agardo as vosas suxerencias. Do premio xa falaremos logo, hehe.

9 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Goder!! Nom tenho nem ideia, pero a minha mente escatológica di-me que se trata dum adminículo feminino pra miccinar estilo varóm, usease pra mexar de pé!! é?

Oishu said...

É evidente! É o típico utensilio que empregan os cientifícolos para capturar as típicas partícolas subatómicas que, disque, andan a investigar.
O que fan é colocar 100 destes feos funís por metro cuadrado ortogonalmente ao plano da eclíptica nos solsticios, cunha orientación leste-surleste.
Para non entorpecer a investigación científica, a churrascada que fan mentres agardan a captura dalgunhas partículas é lonxe abondo (mínimo 25,36 m), en contra da dirección predomimante do vento.

Marta said...

A ver oh! pensade un chisco máis que non vou da-la solucion tan rápido! Menudas paranoias que tes na cabesa oishu, necesitas que o teu cerebro descanse e vaia máis despacio XD.

Maria said...

A ver Marta, eu penso que e un embudo que se emprega nos laboratorios de quimica para facer filtracions...Estou cerca??
Apertas!

O'Poldow said...

Un dosificador de ghotas para o café con ghotas (tm conhecido como café perfumado ou boutizado), está clarissmo!

Marta said...

Bueno, bueno, penso que xa é hora de dar á solución (antes de que me olvide hehe). A verdade e que cando saibades o que é ides caer de cu!!

Penso que o premio o vai levar Gonçalo por proximidade!!! Vou a ser un pouco mala, e como agasallo vas levar un paquete de 12 unidades de este trebello para que lle des un bo uso. Haha.

Ben ahí vai!O embudo este chámase "mooncup" ou "ladycup", en cristiano: a copa menstrual. Un aparato eminentemente femenino. Unha alternativa revolucionaria e ecolóxica a compresas e tampóns que eu non tiña nin idea de que existia. Así que rapazas (e rapaces que podedes comentarllo as vosas mozas)tomade nota. E como non quero entrar en detalles escatoloxicos de como funciona e das suas vantaxes deixovos este link de referencia (hai moitisimos máis por ahi). María, cris, xa me diredes que vos parece a historia ista. Mooncup
Bicos.

Marta said...

A solucion ao concursazo III, xa está posta, pero vexo que quedou sepultada baixo unha manchea de comentarios. Cachis!

Gonzalo Amorin said...

hehe!! Si que vim a soluçom Martita. Fum o quase campiom!! hehehe!!! Menudo trebelho mais raro, já me explicarás como funciona (goder, que mal sona isto) Em fim! Saudos.

Marta said...

Eu imaxinaba que o ti o viras xa que o domingo andivemos bastante ociosos posteando hehe. Pero interesame saber a reaccion feminina, onde anda? hehe. Saudos