Por Raul Asegurado Pérez, Manoel Santos e Antom Fente Parada.
Erguéstesvos cedo / aquel día. – A costume do / do traballo - / mañá – cediño / pra facernos / coa vosa / morte.
As recentes detencións de persoas ligadas co independentismo galego e os movementos sociais impélennos a manifestar a nosa preocupación polo emprego do “terrorismo” como arma do Estado español para cauterizar o tecido social da nosa nación.
Non é a primeira, nin a última vez, que o poder emprega a pantasma do terrorismo para atacar todo tecido social que se move nas marxes do sistema e farao con máis forza agora que a toupa voltou emerxer con forza o 15 de marzo e que a deslexitimidade e descomponsición da II Restauración borbónica chegou ao paroxismo.
Acusan de terrorista ao redactor do Novas da Galiza Antom Santos, historiador e activista social sempre disposto á entrega de tempo de traballo gratuíto por Galiza, porque dispuña de armas de destrución maciza, como Hussein cando o de Iraque: un computador portatil e dun lapis de memoria. Ou que los dos nuevos detenidos escondían en su casa ocho litros de gasolina, un tratamento mediático sensacionalista, carente de rigor e vomitivo. Se esas son as acusacións e se as distintas versións se contradín a cada paso e repetin a verdade oficial orwelliana estamos dentro do que rezaba aquela pintada nunha parede Compostelana: todos terroristas, nadie es inocente.
A Radio Galega dedicou dous dos catro parágrafes da nova a repasar a historia do EGPGC, como se cando se menciona a Fraga a metade do tempo se fixera referencia ao seu pasado fascista. Amais. as versións do nº de detidos, lugar, causas, etc. defiren uns a outros medios, mais o que non varía é a criminalización dos detidos e a anulación dalgo fundamental: a presunción de inocencia. EL País, antes de rectificalo, titulaba así a nova: Detenidos en Vigo dos terroristas que atentaron contra la casa de Fraga. Co paso das horas outros medios informaban que ían atentarcontra intereses de la Xunta ou contra os príncipes de Asturias. Segundo La Voz de Galicia La policia fustra en A Coruña atentado horas antes de la llegada de los príncipes. Simple especulación mediática.
Ao tempo esquecen eses medios de (in)comunicación, completamente manipulados e verticais, a violencia cotiá exercida sen ningunha caste de pudor polo sistema sobre os traballadores, sobre as persoas sen teito (dúas delas mortas n’A Coruña na semana pasada), sobre as mulleres, sobre os sen papeis, sobre os desempregados, sobre unha mocidade sen futuro... e así seguido.
Na historia do nacionalismo galego é unha constante o ataque á sociedade civil máis consciente do país e, como demostrou o caso Egunkaria en Euskal Herria, o terrorismo é o mellor escudo para acometer esta empresa de demolición sistemática e de criminalización da sociedade civil e dos centros sociais:
Na noite do 27 ao 28 de abril do mesmo ano lévase a cabo tamén a detención doutros dous mozos en Monforte, José M. Pavón González e Esther Cancio Figueiras, acusados de repartir panfletos asinados pola UPG, en relación coas mobilizacións do 1º de Maio, cargo do que serán xulgados e absoltos polo Tribunal de Orde Pública, en agosto de 1974.
A vista de todos estes feitos, a propia organización upeguista chegará a afirmar que “o réxime trata de desencadear unha acción regresiva contra nós, na medida que consideran -segundo as palabras do Xefe de brigada Político Social da Galiza- que somos unha forza política considerada como perigosa. A Garda Civil ten na Galiza o mandato de que non quere nin un só militante”1.
Agora aquel vello Tribunal de Orde Pública metamorfoseuse en Audiencia Nacional sendo os detidos que non sexan postos en liberdade xulgados alí e podendo esperar tres anos polo xuízo, con probabilidade moitos serán absoltos, mais a imprensa non vai dedicarlle o tempo nin a campaña que si dedicaron as súas detencións. A perversa Lei antiterrorista non aforra na incomunicación e dispersión de reclusos moitas veces inocentes, mais criminalizados por un circo mediáticoque sospeitamos vai ser cada vez máis frecuente. A día 6 de decembro catro dos detidos ingresan en prisión seguindo incomunicados, mentres que a única proba incriminatoria contra Santos e Osorio é que os seus carnets de conducir nun trasteiro dos rexistrados e unha garrafa de gasolina na garaxe que agora se sabe estaba baleira.
De feito, aí está por exemplo o caso de Cata Alonso. Detida e posta en liberdade sen cargos após tres días de incomunicación en Madrid. Ningún medio ractificou nada cando a acusaron de terrorista o día que foi detida e non pode ser terrorista nin culpábel de nada quen é detida sen cargos. Esta Lei antiterrorista leva por diante a quen sexa.
Vaia por diante, no entanto, que os asinantes deste documento non defendemos a loita armada e acreditamos na política por medios pacíficos. Como Lenin indicaba «non se pode basear unha táctica revolucionaria apenas nun sentimento revolucionario. A táctiva debe ser trazada a sangue frío, cunha obxectividade rigorosa, tendo en conta todas as forzas de clase no Estado en cuestión (e até en todos os Estados que o rodean e en todos os Estados, á escala mundial) e tamén a experiencia dos movementos revolucionarios»2. Precisamente unha das chaves para a repolitización da sociedade no 15-m foi o seu carácter pacífico, aínda cando os corpos represivos exerceran a violencia por veces sobre el, ou aínda cando se desaloxa a Sala Yago e a presenza de líquidos (lixivia do Froid) é aprobeitada pola versión do Grande Irmán para defender que tiñan cócteles molotov.
No contexto actual a esquerda nacionalista basca nunca avanzou como agora, cando meteu en cintura os seus “militares”, cando o poder civil e o movemento transformador emerxeron en sintonía co coa dirección política do movemento, sen vasalaxes a ningunha loita armada que demostrou facer máis dano que outra cousa. Resistencia Galega, se realmente existe como entramado, nin ten base social nin beneficia en nada ao medre da consciencia nacional nin á loita pola emancipación social e nacional do pobo galego. Máxime cando a historia doutras organizacións semellantes demostrou estar inzada de infiltrados que rematan por perxudicar ao movemento civil e que en nada melloran as condicións materiais de existencia das xentes do común. O Estado social está sendo remudado polo estado penal, mais aínda hai liberdades e non un contexto social de violencia revolucionaria, que, en todo caso -e véxase hoxe Grecia-, non é cousa dunha elite ou vangarda de ningún tipo.
Porén as actuais detencións semella que aproveitan a existencia do explosivo de Eduardo Vigo Domínguez para reprimir o independentismo en xeral, atacando a membros de Causa Galiza e persoas como Antom Santos e María Osorio cunha lexislación brutal que prolonga as detencións e crea espazos de impunidade para a tortura e os maos tratos. Ao tempo criminalízanse os centros sociais coa policia ás portas para criminalizalos perante a sociedade e precintiar algúns sen orde xudiciaria. Isto é o que nós denunciamos e denunciaremos sempre, mentres o BNG mostra unha actitude ben pouco afortunada.
1 Rubiralta Casas, Fermí (1998), De Castelao a Mao. O novo nacionalismo radical galego (1959-1974): orixes, configuración e desenvolvemento incial da UPG, Noia, pp. 172-173.
2 Lenine: A doença infantil do comunismo, Europa-América, Lisboa, p. 93.
2 Comments:
Eu cando lin o do material incautado, case mexo coa risa! Un portatil? 8 litros de gasolina? E inda por riba valeiros! Vomitivo todo este asunto...
Eu enterei-me há dous dias, acabo de chegar de férias...
Pero que caralho é isto!?!?
Logo, calquer independentista pode ser isolado e ala, a Madrid!!!?!??
Post a Comment