domingo, 27 de novembro de 2011

Ostrás Pedrim, a que vos (e nos) espera...

Uff.. Ontem confirmei umha notícia que me deixou os pelos coma fungueiros, ou coma os ferros dumha grade, ou... ai carvalheira!...


Tinha-a visto por ai, em Chuza penso, mas nom em nenhum médio desses centrados e responsáveis, ou seja, um desses que estam supercontentos com Feijoo e agora com Rajoy....

Bom, o caso é que minha mãe confirmou-me que efectivamente estam a negar em Galiza cobertura sanitária à gente que leva mais de 1 ou 2 anos (nom lembro) desempregados, sem cotizar. O sinal de alarme o levou umha senhora quando foi ao médico de cabeceira e tras passar o cartom da segurança social o médico dixo. No-no.... A tipa começou a investigar e denunciou públicamente (seguramente num médio radical desses de esquerdas e de "peludos" como dixo um imbécil um dia na tele) e logo apareceram outros cassos de gente que lhe negaram as medicinas na farmácia (quero dizer, a preço subvencionado) etc.

O senhor Feijoo saiu enseguida a desmentir. Bom. Mas já sabemos por onde vam os tiros. Tomemos nota todos os que levamos fora da casa um tempo.... Que Deus Multinacional nos pilhe confesados.
Amém.

2 Comments:

Marta said...

Pois como dixo un señor pola radio, que non lle parece mal que os parados paguen a sanidade, que non fan nada!...claaaaro, como a xente que cobra o paro o fai porque son uns vagos e non queren traballar...De verdade que ando lendo as opinions da xente por ahi, xa non só en cuestions de politica, e non pensaba que existira tanta ignorancia no mundo. Si é que me vou acabar sentindo unha lumbreras superprogre e todo cando penso que son cousiñas de sentidiño común...

Marta said...

De todas formas sego sen saber que é o que fixo o señor Frijol ese de novo coa sanidade, pregunto, pois iso de que te quedabas sen cobertura sanitaria cando estabas no paro é algo que xa ven de atrás, e tiñas que meterte na cartilla dun parente ou solicitar a tarxeta de persoa sen recursos. A min xa me veu fai moitos anos, cando estaba na universidade, unha factura de sanidade dun servicio xinecolóxico, por 30 mil pelas daquela, por non ter o seguro ao día, pois ao estar o meu pai no extranxeiro tiña que andar renovando un formulario cada ano y nese momento caducara...Ao final arranxouse presentando o novo, pero o susto que te levas...Supoño que a polémica está que agora levarán o asunto a rajatabla, sen avisar... non sei que alguén mo explique...