Pinga a pinga o puteo: falo do sistema carcerario
unha amiga ponme en contacto telefónico cun galego que vive en Aranjuez, e a voz hospitalaria deste novo amigo abrénos as portas da súa casa, para que nos aloxemos cando vaiamos aló, e ofrécese a levar un paquete á cadea para o Preso
os paquetes deben entregarse en domingos alternos, desta volta ten que ser o 25 de decembro, cando a cultura occidental está presidida polo espírito do natal
aproveitámonos do ofrecemento do noso home de Aranjuez, aínda que non ten coche, e o derradeiro autobús dos domingos desde o Centro Penitenciario é as cinco e dez, e o paquete debe entregarse ás sete, nunca antes
o amigo busca persoa amiga motorizada e cara aló vai, ao km 28 da "Carretera Nacional 400", no domingo frío de decembro
chama sobre as oito e media, e dinos que non querían deixarllo pasar, que para entregar o paquete cómpre estar autorizado polo preso: é todo mentira, pero tanto ten, hai que procurar a maneira de provocar
non me quixen poñer en plan legalista, conta o noso galego de Aranjuez, había moitísima tensión, unha muller chorando, trasladáranlle o home sen avisar, xente á que lle poñían problemas cos seus paquetes, berros.... eu procurei o meu mellor sorriso para que se compadecese de min e de vós o funcionario...
...recolleron o paquete, pero dixeron que tiñan que revisalo, e ao cabo pasou, pero devolveronme uns pantalóns de chándal, que non cabían, dixeron que non cabía algo que eles mesmos acababan de tirar da bolsa !....era unha prenda pensada para abrigarse dos rigores daquel inverno mesetario
a ver se o resto da roupa e os libros chegan, a ver...
ben o sei, si, ben sei que non vai ser a derradeira pinga de crueldade, haberá máis, e tamén enxurradas.
segunda-feira, 26 de dezembro de 2011
Outra carta do Pai de Antom Santos.
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
0 Comments:
Post a Comment