A obra A ópera dos tres reás do Centro Dramático Galego (CDG) logrou o cheo total en todas as funcións levadas a cabo nas últimas dúas semanas no Teatro Fernán Gómez de Madrid. Nun comunicado, a Xunta de Galicia explicou onte que uns 4.500 espectadores xa asistiron ás nove postas en escena desta versión do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill no céntrico escenario madrileño no que onte o CDG levou a cabo a súa última representación.
Segundo explica o departamento de Cultura e Turismo, a expectación xerada pola presentación na carteleira madrileña da proposta escénica do director Quico Cadaval ,que conta don Diego García Rodríguez na dirección musical e cun amplo elenco artístico encabezado polo actor Luis Tosar, levou ao Teatro Fernán Gómez a ampliar o auditorio inicial para “intentar satisfacer a gran demanda” dun público que esgotou todas as entradas á venda.
....
Así mesmo, Varela apunta que “a proba de lume” que significou iniciar a xira estatal de A ópera dos tres reás foi superada con “gran éxito” e “coa mellor das impresións”. En próximas datas, esta obra, adaptación do clásico de Bertolt Brecth e Kurt Weill pero cun cambio na ubicación da trama, pasando do Londres vitoriano a unha cidade imaxinaria, ofrecerá funcións en diferentes lugares da xeografía española como As Palmas, Salamanca, Pamplona e Zaragoza, voltando de novo a Galicia no 17 de setembro na Coruña e rematando a xira o 1 de outubro en Narón.
http://www.xornal.com/artigo/2011/07/31/cultura/opera-cadaval-enche-funcions-madrid/2011073123365000275.html
segunda-feira, 1 de agosto de 2011
"A ópera dos tres reás" éxito em Madrid
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
0 Comments:
Post a Comment