terça-feira, 2 de agosto de 2011

ULTIMA HORA: vai fechar "Xornal de Galicia"

Tal e como avanzan algúns xornalistas a través das redes sociais e nalgúns blogs, como o do tamén xornalista Santiago Jaureguizar, o xornal propiedade de Jacinto Rey deixarase de editar o vindeiro xoves. Ese día será o último de vida en papel deste medio que nacía o 9 de decembro de 2008.

"Xornal de Galicia é xa un medio disposto a aportar información con criterio e calidade, en clave galega. Nace con vocación plural e independente e ten entre os seus principios fundacionais a defensa dos intereses de Galicia. O diario tamén nace como un medio aberto ás distintas sensibilidades presentes na sociedade galega, nas que observa con atención perspectivas galeguistas e progresistas que, se cadra, precisan ter máis proxección da que teñen". Esta era a folla de ruta do que estaba chamado a ser a gran alternativa dos medios progresistas e galeguistas en galicia.

Sen embargo, a chegada do PP ao poder na Xunta supuxo un golpe duro para este medio que, desde entón, foi o azoute dos populares e que non recibiu, prácticamente, ningunha axuda institucional. A crise económica mundial veu, finalmente, a poñerlle a estocada a un medio que dirixe María Val e que estivo comandado ata o pasado abril por José Luis Gómez, que foi relevado do seu cargo por falta de sintonía con Jacinto Rey e, sobre todo, polas súa liña informativa contra o PP.

O peche de Xornal de Galicia chega en plenas vacacións e con moitos xornalistas de días libres e supón o despedimento de preto de 70 magníficos profesionais que souberon manter, a pesar das críticas duns e dos ataques doutros, un medio digno para Galicia. Desde Galicia Confidencial queremos solidarizarnos cos seus traballadores, como no seu día fixemos tamén cos de Galicia Hoxe, A Nosa Terra ou a Peneira, e desexarlle ánimos nestes duros momentos.

GC seguirá informando sobre o futuro destes profesionais e as causas do peche dunha nova cabeceira que, aínda que non estaba escrita exclusivamente en galego, potenciaba moito este idoma nas súas informacións. Esta é a quinta cabeceira de corte progresisita, esquerdista ou nacionalista que pecha nos últimos meses tras A Nosa Terra, Vieiros, A Peneira, GZ Nación e Galicia Hoxe.


http://galiciaconfidencial.com/nova/8290.html

4 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Deus!! Vaia desfeita!! Acabam com nós!! E isto é um plano maquiavelicamente orquestrado.

π said...

Xurxo Salgado (o redactor da noticia) éche colega meu. Leva tempo prevendo o que está a ocorrer. A outro bo amigo (Mario) doulle por caricaturizar moi acertadamente as 'andainas' de Feijoo
http://a4.l3-images.myspacecdn.com/images02/136/93ddda4ed9344625ad05af7480215ee9/l.jpg

Gonzalo Amorin said...

Sinto-cho muito companheiro Pi. Já sabes o que passa com os totalitarismo, ou pensas ou como eles ou nom pensas.

Gonzalo Amorin said...

Por certo, mui bo o debuxo!! Colei-no no meu FB.