quarta-feira, 15 de setembro de 2010

Feijóo desvía a Valladolid o peso de Galicia nas relacións con Portugal

Alguns de nós alucinamos com este tipo de inciciativas... Como um pais perde todo o seu potencial, cego e burro ante as suas senhas de identidade que som puras vantagens económicas. Galiza porta da lusofonia no Espanha.

Pero nom.

Temos um presidente -escolhido polo povo- que cultiva o autoodio, o despreço polas nossas proprias capacidades e oportunidades. Até um de Valladolid saberia apreciar máis o nosso.

Feijoo, vai-te quanto antes de Galiza, por Deus... Nem che gusta, nem sabes... Alem disso, o estás desejando...


A Xunta quere ampliar a eurorrexión bilateral e crear unha ‘macrorrexión’ con Castela e León, cuxa capital acollerá o venres 
a sinatura do acordo


D. REINERO
15/09/2010 - 18:27 h.
Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo



Galicia continúa a perder peso nas relacións entre España e Portugal e capacidade de influencia nas súas propias comunicacións bilaterais co país veciño. Un paso máis nesa senda de afastamento de Portugal, ou cando menos de disolución das relacións bilaterais entre outras multilaterais, darase o venres, cando o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asine un protocolo de intencións para iniciar o camiño que leve a ampliar a actual Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a unha macrorrexión na que tamén estea presente Castela e León. Xunto a Feijóo, ese acordo será asinado polo presidente da Comissâo de Coordenaçâo e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N, o máis parecido a un goberno rexional no centralista Portugal), Carlos Lage, e polo presidente de Castela e León, o popular Juan Vicente Herrera. A sinatura, ademais, realizarase en Valladolid, onde tamén se celebraron algunhas das reunións preparatorias previas –nas que participou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda– e cara onde bascularán os polos de influencia da eurorrexión, ata o de agora en Santiago, Vigo, Braga e Porto.

Resto da notícia:
http://www.xornal.com/artigo/2010/09/15/politica/feijoo-desvia-valladolid-peso-galicia-nas-relacions-portugal/2010091500031300536.html

1 Comment:

Gonzalo Amorin said...

Penso que já nom devemos ponher este tipo de cousas no blogue, tam só no avinagram o dia... merda pra esses!!!