Venres 17
Eran as dúas da mañán cando estaba a ver a televisión no bloque 7 da rúa Romero Donallo.Uns berros de auxilio sacaronme do sofá e fixeronme asomar a porta.Viñan do terceiro C.
¡Zorra, puta yo ya sabía que lo mirabas lascivamente cuando quedabamos con ellos para cenar!
¡Dejame, estás fuera de si, estas loco eres un paranoico encocado!.
si, zorra , pues mira lo que este paranoico puede hacer.
De súpeto escoitei varios golpes
¡Bum, zas!, armarios que se movían...
¡Animal! -escoitaba entre choros.Eu flipaba.
¡Animaaaaaaaaal !- volvín a escoitar.
Meu deus, tiña que facer algo,collín o teléfono, non recordaba o número de teléfono da policía.¿061?,non, merda ese é o da ambulancia.¿Chamo a casa?,¿Que carallo vou facer chamando a casa a estas horas?.¿Quen vive ahí?Voulle chamar a porta.Non non vou.En Portugal é unha hora menos,¿Chamo a Lorenzo e María?.Non, ¿que carallo fago?.Pablo tranquilo.Espera.Tranquilízate.Xa non se escoita nada.Volveu o silencio.
Era certo,xa non se escoitaba nada.¡Buf! que alivio.Volvinme a sentar, temblandome ainda as mans.¡Joder!, se Romero Donallo parece tranquilo.
Suspirei de novo e sequeime a suor da frente.Continuei vendo a televisión pensando no que acababa de escoitar.
De repente escoitei abrirse unha porta, asomeime a entrada do meu piso e polo ollo de vidro da porta vín como do terceiro c saía un home de complexión forte con dúas bolsas grandes de basura.
¡Ai mamá! paralizouseme o corpo.Collín medo e incoscientemente funme aventana.Acendín un Winston e esperei a ver que pasaba.Ós dous minutos sae o mesmo home pola porta e deposita as bolsas no contenedor de basura.Mirou para os lados e volveu a subir.
¡Estou paranoico, pensei!, non pode ser.Tanto estrés faime mal.Teño que durmir máis.Pasados outros tres minutos cerrouse a porta do terceiro C.
¡agora chamo a policía! ¿E se é mentira?, a que armaría para nada, os policías... os veciños pola ventá......
¡Con dous collóns! baixo e o carallo.Baixei, fixen que lebaba a basura.Abro a tapa do contenedor e empezo a tocar en todas as bolsas cantas podo, non consigo distinguir nada.Miro para arriba,¡Merda!.A luz do terceiro encendida, e creo ver a figura dunha persoa mirando pola ventá, que o verme métese para dentro.
¿Que fago?, as pernas trémenme.Fóra dende logo que non durmo.Subín as escaleiras e xusto cando ia entrar no piso vólvese a abrir a porta do terceiro e sáleme o mesmo home.
¿Que tal men, tambien padeses de insomnio?
No,dixen eu pálido coma a cera, es que fuí a tirar la basura.
¿Todo bien por abajo wey?.
Si, respondín e metinme na piso como un lóstrego.
Métome na cama e poño a radio, intento olvidar todo.Non dou durmido.Encendo o flexo e póñome a ler El país.Xiro lentamente a cabeza e vexo que teño un brazo manchado se sangue.
Sábado 18
Levántome aturdido, saio a fóra miro a beirarúa e o camión da basura levou xa todo.Almorzo nun bar. Vago perdido sen dirección polas rúas de compostela, mo mp3 acompáñame o Never more de Nemicr oslaf.
terça-feira, 21 de setembro de 2010
Crimen en Compostela
Posted by O'Pablo at 08:44
Labels: as nossas cousas
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
8 Comments:
Ti viches moitas pelis de hitchcock, non? Hehehe, o que fai unha noite de insomnio. Eu vivo na mesma calle, quizais escoitei os gritos, por iso non puiden durmir :P
Cona! Pois eu recibin umha chamada o venres pola noite de Pablo, e pensei que se equivocara!!
Heheheh :D
Pero a ver, é conha todo isto, ou nom? Suponho que o do sangue foi umha licênncia literária, pero o dos berros é do mais "normal".
E agora que o penso.... o do sangue desgraciadamente tamem é do mais normal.
Entendo-o froito da tua imaginaçom, nom? Exercício literário ou crónica de um feito? Vaia!!
jajajaja
Nadie se fixou nun detalle?Fixadevos no músico que vou escoitando no mp3?Non notades nada raro?
He, he, he... con que CRIMEN FALSO moi bom.Pois a min ese nome parecíame tan real e sonabame tan ben que non me parei a pensar quen sería ;)
Eu pensei que esses eram dos Oslaf de toda a vida....!!
Ai mimá! O relato é falso por cousas mais obvias que esa, vese a todas luces que o é, "brazo manchado de sangue" o das bolsas...en fin todo películero total. Co trillón de grupos musicais que existen no mundo mundial e que nadie coñece ¿quen se vai a dar conta de que ese é falso?
Marta Flecher! :D
Post a Comment