A semana pasada estiveron visitando Babilón, convidados pola miña escuela dous músicos e etnógrafos galegos dos que algo tiña eu oído falar... logo de ficar varios días por preto deles, como dirían en Muros... flipín; por eles, humildes e xenerosos -e artistazas, e comunicadores- descubro todo un tempo de música e cultura que practicamente descoñecía, e do que apenas algo sentira nos tempos composteláns. Así, na babilón lusófona, véxome transportado aos 60's, aos 70's, aos 80's galegos. Fermosas -moito- e pouco -aínda menos- publicitadas adaptacións de autores galegos, recopilacións de música tradicional... todo un caudal artístico que fica no ostracismo no país -fóra dos círculos máis letrados- dado o compromiso político ao que M e M non renuncian, que os aparta dos mass-media, e dados os tempos de mesmidade globalizada que nos coteñan. Agora tamén xa son seu fans. E acórdanme -outra vez- os versos del-outro, aqueles, os de sempre...
Galicia, será a miña xeración quen te salve?
Irei un día do Courel a Compostela por terras libradas?Non a forza do noso amor non pode ser inutle.
E pensar niso en 2010. Logo da autonomía, os anos de fraguismo, o bipartito, os agoreiros de agora... Os gregos dicían que o amor residía no fígado, e non no corazón. Fígado e amor, zonavelhistas!
Vai unha gravación dos tempos históricos, para non esquecermos as cousas boas. Ao fío do post anterior, somnífero. Seica é un tema que se restrinxe aos límites da Galiza e N. de Portugal, coma tantas outras cousas. Imaxinádesvos comprándoo en cassette no ano 81, e póndoo na radio dun coche? E as verbas esfelgando o coche todo.
http://www.youtube.com/watch?v=vbdEyU4dwYU
3 Comments:
Sementar sementarei, loguinho de clarear....
Se nom tedes sachos traeremo-los nós, arados de ferro e carros com bois....e carros com booois, e carros com boois...
Ai meu ghaiteirinho... ainda m'acorda de q'ando vinhas polo monte abaixo e vinhas-me ti dizindo: "bota carne no pooote Marianinha. Bota carne no pooote Mariana."
"como um irmão che falo...."
Ai.... Quando escoito a Fuxan a força volta a minhas veias... Que privilégio, caro Poldo!!! Que privilégio!!!
se o noso país fose normal, a Mini e a Mero seguro que os coñecería tododiola e non só os "catro" frikis de sempre
só pensar nalguns sons e letras deles ponme os cabelos de punta...
O voltar, qué che hei decir?!
Maldito o día e a hora
en que vos deixei aquí
pra percurar vida fora!
O inverno da emigración
roubóunos a primavera,
quén eu era, xa non son,
e ti non és a que eras!
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
poden en Madrí falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca nos han de pagar
a nosa fame de outrora!
(a esta altura máis ou menos o violín leva un bo cacho erizando os pelos)
E O VENTO DECíA,
PRONTO HEI DE VOLVER
PRA TIRA-LA FAME,
PRA PODER COMER...
Já sabes meu caro Poldo que me pingavam as bágoas naquela noite perta no "Literatos". Saude!!
Post a Comment