Querido micho:
Espero que ó recibo da presente vostede se encontre ben.Onte de volta a casa na Rúa Romero Donallo atopeime contigo no chán.Había un pouco de sangue e tí non te podías mover, alentebas moi forte e eu non sabía se axudarche ou darche a extrema unción, para o primeiro non tiven valor de tocarche( por eso de inmovilizar os feridos) e para o segundo non teño competencia.Un avisou a policía mentras outro chamou a porta da clínica veterinaria que había en Rosalía de Castro.A veterinaria non quixo vir(¡viva a vocación!).De súpeto apareceu unha moza que debía coñecer a outra veterinaria e non dubidou en collerte no colo xa que aquela debido ós atascos tardaba un pouco, ti laiabaste de dor,e ó final colléndote nunha manta marcharon contigo.Ó parecer caeches de arriba,( dixeronmo uns obreiros que escoitaron o batacazo) bueno bastante de arriba xa que as únicas ventás abertas eran ás do séptimo piso.Menudo golpe.Intentamos no meu edificio buscar ós donos pero non encontramos.A estas horas non sei nada de tí, eres un gato forte e grande polo que espero que te esteas recuperando.Non sei os motivos da túa caída se foi un accidente e caeches co susto de ver na Zona Velha como Feijoo apagaba o lume na televisión,ou se foi intencionado, xa se sabe coa crise aumentan os suicidios e quen sabe como sodes os gatos,tamén se dí por ahí( xa sabes como é a xente) que puido ser porque estabas at as pelotas de tanta masificación de xente en Compostela estos días, enténdote pero bueno, hai que intentar manter a calma.
Bueno micho, nada máis.Deséxoche, se é que ainda vives ,unha pronta recuperación.Cando a tardiña chegue a casa e oia miañar, mirarei para o séptimo e estarei máis tranquilo.
Sen máis.Pablo L.
quarta-feira, 18 de agosto de 2010
Carta a un gato
Posted by O'Pablo at 18:21
Labels: literatura
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
7 Comments:
Meu pobre, non puido caer de pe! Ogallá que lle quede algunha das 7 vidas e se recupere pronto...
Pobre Micho!! Vaia!!
Andamos de desgraças gatunas. A Fujur a minha gatinha mais velha (13 anos) parez que lhe deu umha tronbose, a coitadinha tem paralizada meia parte do corpo. Estamos mui tristes por ela, dá muita peninha ve-la. Aguardamos que se recupere, a ver que nos dí hoje um outro veterinário. BUUUUUUUUUUUUUUUUUAAAAAAAAAAAAA!!! Pobre Fujur!!!!!
Vaia! Que mágoa! Non quero desanimarte, pero a non ser que atopes a algun fisioterapeuta gatuno, recuperarse dunha trombose, eso pinta mal! Pobre, a ver se hai sorte. Os misterios da natureza son insondables :)
Obrigado Martita! Oxalá se recupere, é umha gatinha bastante ruin, mas quando ainda nom abrira os olhos durmia numha caixinha à beira da minha cama, erguia-me cada tres horas dar-lhe o biberom. Coitadinha, como morra ham-me cair as bágoas. Tem-se que recuperar. Fujur é dura!!! Forte!!!
Irmán, boto moito de menos un relato que homenaxee a todos aqueles gatos anónimos que lamben as feridas despois de andar a xaneira nas longas noites de inverno, que escorrentan ós cans dos seus territorios, que se xogan a lingua lambendo o leite nas panderetas de sardiñas "A Churrusquiña", aqueles que lle choveron achas na cabeza ó berro de ¡¡¡¡lambóns!!!, aqueles que non viron nunca a luz do día por seren soterrados en sacos azuis de 15,15 ou Nitramón cando aínda non abriran os ollos...
"Ghatos raxados do Cabanelo" in memoriam.
As doenças e cuitas dos gatos urbans som fodidas, nom hai dor alleia de animal ou persoa que me preste. Ogalha se recuperem. Ogalha nom sofram, pelo menos.
Pero é verdade que o que se fazia -ou fai ainda?!?!?!- de soterrar crias vivas de gatos e cans, isso é inhumano...que crueldade...vaia...uf....
jajajajaja, confeso: unha vez desenterrei un par de recen nacidos, estaban cheos de terra, todo esto sen que me pillaran claro.Os gatos de onde eu vivía extinguironse cando o tal "Juan Antonio da Mourisa" trouxo un gato negro urbanita, enorme alimentado a base de pienso que se dedicou a exterminar ós demais" porque non tiña outra cousa mais que facer.Que eu sepa "Salvo que o tal Manolo do Americano" o atropellase co tractor(era algo normal) ainda mantén o seu reinado por esas terras.
Post a Comment