quinta-feira, 25 de março de 2010

A postaxe 700





-Apohtache setesentos? Setesentos que, pibe?
-Non, non é iso, é outra cousa.
-Compostaxe, talvés? O asunto ese de ter que ter conta coa propia defecasión, che?
-Non, tampouco, non é iso.
-Un post-taxe, unha ehpesie de impohto?
-Que non, home, que non, é que entrei hai nada no meu perfil para facer un comentario no blog este que partillamos cos meus brothers in arms da Galiza...
-Aghá, é...
-Aghá é... deixarasme falar? Que estaba bendo, perdón, vendo...
-Vvvfendo.
-Non, con bilabial, pero grafado... pero... ai que raio, boludo, non me deixas por o raio do poust!
-Relaxáte.
-Xa, poist iso, poust, que estaba vendo que esta vai ser a septésimo centésima postación do proxecto (ou como ordinalmente se diga)... HIP HIP HURRA!!
-Ah.
-Só ah?
-...
-...
-Sabíah que iso do Hip Hip vén doh cabaleiroh de Serusalén?
-OI QUE RAIO! Nin unha mísera felicitación? Es ben boludo, abofé!!

E que é ISO -momento poisichicoanalítico, pois si, chicos-, que xa PERDÍN a conta das veces que entrei por acá. Que as miñas visitas a este espazo coinciden en moitos casos co meu humor, oligofrénico, ora arriba, ora abaixo. E as bravatas lusistas, os paxaros asasinos, os doidos dos gatos repetidos ou a comida adultera sónmevos ben familiares, coma ir tomar un café en Compostela (liberada). Así, postos a ilustrar coma con candeas este momeento, vou deixar agora unha mostra dunha cadea de tendas de decoración brasileiras (sic.), en homenaxe á alma mater deste proxescto, proxecsto ao que me gustaría augurarlle, como o outro dixo, 1000 postaxes máis, ou as que veñan. Non me digades que non é o tal o destas lonxíncuas loxas ;)

3 Comments:

O'Chini said...

Mon dieu!!! Vão setesentos!!!
A zona vai velha!

Pois tes razom, a mim bem que me presta pasar-me por aqui a ponher videos da ruleta russa, a olhar para lindos gatitos, ou mesmo dar-lhe um repaso ao Feijão frito, pero claro está, tem que ser com vós, o tema tópico nom importa, esa é a excusa perfeita para departir cos amigos que a puta emigraciom separa....

Está tamem ai o feisbuk comendo-nos ás papas -que resisto resistirei- , pero me dá a mim que nom dá tanta liberdade para o desbarre solvemundista e gáticoquaántico. Bem certo é ademais, que cando lhe damos á caneta nós mesmos os posts ganham em leitura bem cremosa, polo menos a mim mais me presta ler algo escrito por uns dedos conhecidos.

Para os que nom visitedes asiduamente as estatisticas do blog (por certo, Poldo, como sabes que é o número 700?), dizer-vos que já aparecemos como mínimo 2 vezes em Chuza, como notícias (o da navalha romana e um artigo de opiniom que colou Gon). Outro post é asiduamente buscado por lusiferes que naufragam no google á procura da biblioteca digital mundial, e mais e mais....

Logo hai moitos outros visitantes anónimos que por pura causalidade efectiva venhem a usar as nossas elucidaçons como fontes de informaçom, mesmo traduzidos a vários idiomas (coitados!! O google nom dá feito para saber em que caralho escrevemos!! heheh)

Pois é.

Por certo, Todeschini!! que nivelaso de local....!!!

Eu gostava daquilo que começaramos do cadaver, que bonito fora unirmo-nos em sinérgia colectiva.... O primeiro fora tam bem...Pero os seguintes enseguida nos desempalmamos...hehe....

Gonzalo Amorin said...

Muito caro irmám ultramarino! Quanto se presta um de ler as suas esbardalhadas tam repinicadas. hehe!! Entom que? Que hubo? Vejo que gorenta desde gram invento do Chainis, home claro, que seria de nós sem el, menos que nos queda Lorelaim!!!

Pois si que já choveu desde aquel nasceste bloguinho, quem nos diria que havia chegar às 700 postagens, manda caralho na Habana! Isso só significa umha cousa, sem tentar provocar diabetes, que hai uniom, que gostamos saber dos nossos amigos, esses que andam ceivados bem e generosamente polo mundo, que necesitamos da mutua compricidade, essa que mui poucas vezes damos atopado.

Caros amigos e amigas, amanhá havemos ver-nós de novo, logo de bastante tempo, quando menos algúns, mágoa da tua, sempre ínclita, ausência caro Poldo.

Adiante com as nossas cousas amigos, que vejamos este blogue avelhentar canda nós.

Saudos e apertas!

O'Poldow said...

Jóvenes! Ai mi má canta información de Boqueixón. Todo un vaquero. Pois alégrome (une autre chose) de que xa foramos chuzados, e voume pór a ver biblioteca, que non lembro nada da navalha romana. Por aquí seguiremos, na proximidade dos espazos virtuais, polo pronto. Deséxovos unha óptima festa de reencontro na Galiza Bracarense, tomádelle unha polos ausentes e unha forte aperta para todos os que ides estar la. Sígovos na distancia!, e non deixedes de postear. Velaí vai!