sábado, 20 de março de 2010

O independentismo úne-se num comunicado valente.

O Movemento pola Base, a FPG e Espaço Irmandinho pactan un manifesto que deixa claro a necesidade dun traballo político coordinado. (Mais penso que Nós- UP ficou fóra)
Galiza necesita soberanía e independencia.

Desde o Movemento pola Base facemos un chamamento a participar na manifestación convocada pola rede Galiza Non Se Vende para este domingo 21 de Marzo. A manifestación sairá ás 12:00 do Paseo Central da Alameda de Compostela. A seguir publicamos un comunicado contra destrución da Terra.

Para defendermos a Terra e o Pobo da devastación, Galiza necesita soberanía e independencia.
Quen contemplar o decorrer dos últimos 50 anos de Historia de Galiza, sobre todo, as dúas últimas décadas, concluirá que o proceso de liquidación a que está submetido este pobo baixo o rexime colonial acelerou a súa velocidade destrutiva co paso do tempo.

Hoxe comprobamos as consecuencias máis perversas dese proceso que afecta todos os eidos da existencia colectiva: da minorización social e a deturpación da lingua á alteración irreversíbel da paisaxe; da liquidación programada dos sectores produtivos estratéxicos á destrución da sociabilidade, coa criación dunha sociedade narcotizada, consumista e individualista; do histórico espolio dos recursos naturais á perda da soberanía alimentar a mans de transnacionais do sector que emponzoñan a terra; da precarización masiva do emprego á reaparición de modalidades de escravismo laboral, etc. Todos os planos da nosa existencia como pobo están salpicados dun modo ou outro por este asalto voraz ao territorio e os recursos.

A lóxica irracional do progreso entendido como aumento continuado dos niveis de consumo, como incremento da mobilidade individual, asumido por amplos sectores sociais e políticos –incluido o nacionalismo maioritario-, é a coartada baixo a que o capital transnacional, as autoridades coloniais e unha administración autonómica plenamente cúmplice da desfeita executaron e executan o plano destrutivo.

Así, baixo este modelo colonial de ordenación territorial, transitamos cara unha Galiza que concentra a sua poboación nunha estreita conurbación costeira de norte a sul encanto se desertiza o interior; comprobamos como se contamina unha fonte de riqueza social como as nosas Rías, encanto as serras son ocupadas por transnacionais da enerxía eólica e se deseñan planos para o espolio enerxético do mar; destrúese un sistema de vida fundamentado na produción local labrega e mariñeira para forzarnos a consumir produtos de pior calidade importados de terceiros países, etc. Sería imposíbel expor na brevidade que esixe esta folla a listaxe de efeitos negativos que provoca esta dinámica.

Nós, como independentistas, entendemos que a resistencia a este proceso destrutivo se debe situar a dous niveis: por unha parte, potenciando as redes sociais de ámbito comarcal comprometidas na defensa do territorio. Hoxe, ante a voracidade selvaxe das transnacionais e do capitalismo colonial, é vital artellar sólidos movementos populares de oposición coordenados a nivel nacional e conscientes de que cada loita local ou comarcal fan parte da loita nacional, porque todos os proxectos localizados están incardinados nunha ordenación territorial global.

Por outra parte, reorganizar un movimento sociopolítico independentista amplo e plural que sitúe a conquista do poder proprio de decisom, a autodeterminación e a independencia como principais nortes da súa intervención. Reivindicar hoxe a soberania xa non é apenas esixir un dereito democrático usurpado, senón traballarmos para criar ferramentas políticas e institucionais que nos permitam sermos don@s do noso territorio e dos nosos recursos.

Sobre estes dous reptos –a articulación de resistencias sociais imediatas e construción dun projecto sociopolítico soberanista de masas- é que entendemos trazábel unha táctica e unha estratexia á altura das circunstancias actuais. Temos vontade de loita, temos esperanza no futuro e temos a certeza de que este presente de loita que se inicia traerá un futuro noso.

Avante a defensa da Terra!
Avante a loita pola independencia e o socialismo!
Viva Galiza ceibe!

2 Comments:

O'Chini said...

Ogalhá saia adiante, é moi moi necesário dado os tempos que correm. Umha pergunta, os irmandinhos som os de Beiras, o movimento do bloque?? O bloque finalmente se vai mover!?

Gonzalo Amorin said...

Si, Chainis, som os do bloque, e Beiras e um mais de-les. O Bloque está atrofiado.