quinta-feira, 25 de março de 2010

Arenga de Feijóo num acto por Haiti

Nada novo baixo o sol, pero aqui deixo o video (ao final do post) e a transcripçom dos momentos mais "in" fornecida por Xornal.com, para quem tenha a tensiom baixa e a queira subir um pouquinho....

Feijóo: “En el PP podemos hablar castellano cuando nos da la gana”

Diversas asociacións sorprendéronse do discurso do líder do PPdeG ao ser un acto benéfico.

No día de onte diversos blogs en internet colgaban un vídeo no que se podía ver ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ofrecendo un discurso no marco dunha cea aparentemente organizada polas xuventudes populares de Boqueixón. Ata aquí todo normal, se non fose porque as palabras do presidente estiveron acompañadas polo rexeitamento dunha parte do público. Efectivamente, Feijóo acudiu o pasado 5 de marzo a unha cea, mais esta non era de partido senón que tiña un fin benéfico: recadar fondos para unha organización non gubernamental que traballa por reconstruír Haití. Por ese mesmo motivo, diversas organizacións e colectivos sociais que acudiron ao acto, sen ter relación co PP, non se sentiron a gusto co discurso do presidente que versou sobre temas políticos.

O certo é que as palabras de Alberto Núñez Feijóo tiveron un claro compoñente partidista e na súa alocución non faltaron as críticas ás forzas políticas que conforman a oposición. As verbas foron ben recollidas polos afíns ao PP pero non por outros sectores. “Se aquí, en vez de xente do PP, foran do BNG, non serían nin peores nin mellores, serían distintos. Se foran do PSOE case todos estarían empregados nalgún choio ou nalgún ministerio. Se nos dirixiran os nacionalistas, só poderiamos falar nunha cousa e estarían falando toda a noite mal do PP. Pero como nós non somos nin do PSOE nin nacionalistas e non falamos mal de ninguén... Por eso podemos hablar castellano cuando nos da la gana”, dixo Feijóo mentres que unha parte dos presentes o apupaba. “Non, apenas non falades mal de ninguén!”, comentaban entre as mesas.

Feijóo chegou a pedir silencio. “Se vos calades sigo falando”, dixo popular que, a pesar das críticas, empregou sempre un ton distendido. De feito, chegou a chancear cunha das asistentes: “Voy a ser breve porque he quedado con María a partir de la una para tomar una copa...”.

A pesar da lea montada, dende o PP de Boqueixón aseguraban onte que “o que quixeron moitos foi reventar o acto, porque sabían perfectamente que se trataba dunha cea organizada polas xuventudes do PP, que non foran se non lles gustaba”.

Pero entre os asistentes moitos aseguran que non sabían “para nada” que se podía tratar dun acto de partido. “Na cea había xente do PSOE, do BNG e da FPG. A invitación a nós chegou dende a dirección xeral de Xuventude e non do PP. Creo que Feijóo tampouco sabía moi ben o que pasaba porque estaba estrañado do recibimento”, din dende unha asociación de A Barcala.

http://www.xornal.com/artigo/2010/03/24/galicia/feijoo-pp-podemos-hablar-castellano-cuando-nos-da-gana/2010032423380100197.html

5 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Lume pra esses cabróns!! Chainis o video dis que foi retirado, merda!

O'Chini said...

Retirado?? Que nojo... Pois como encontre outro gravo-o e subo-o!!

O'Chini said...

"A primeira hora da tarde de hoxe, era retirado do Youtube polo seu autor o vídeo no que se podía ver ao presidente da Xunta criticando á PSdeG e BNG e emitindo comentarios calificados de "machistas" nun acto solidario. Sen embargo, as imaxes podedes velas, novamente, a través de Galicia Confidencial no interior desta noticia."

Gonzalo Amorin said...
Este comentário foi removido pelo autor.
Gonzalo Amorin said...

Que tipo mais patético! Nem falar sabe o pobre... Lento, tonto, estúpido, pretencioso, machista, facha... te-nas todas o pailám! Bah!!