Joer, esta tarde quedei pasmado cunha noticia de elmundo.es onde fala de que o suicidio xa é a primeira causa de morte non-natural en espanha. Pero non quedei pasmado por este dato, senon por que todo o artigo está cheo de estadísticas funestas. Que jodido debe ser traballar recopilando estes datos.
Déixovos o artigo por si queredes lembrar que algún día seremos un número más dalgunha tabla excel macabra.
AS ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES, PRIMEIRA CAUSA DE MORTE EN ESPAÑA
* En mulleres, cae a mortalidade cardíaca pero aumenta por cancro de mama e pulmón
* Os suicidios substitúen aos accidentes de tráfico como primeira causa non natural
* Castela e León, Asturias e Galicia teñen a taxa de mortalidade máis elevada do país
MADRID.- As enfermidades cardiovasculares seguen sendo a primeira causa de morte en España, seguidas dos tumores e das enfermidades respiratorias. Os datos despréndense da estatística de defuncións segundo a causa da morte, que fixo pública o Instituto Nacional de Estatística (INE) con datos provisionais correspondentes ao ano 2008.
Dos datos facilitados polo INE destaca ademais o descenso das defuncións por accidente de tráfico, que se reduciron no ano 2008 un 20,7% con respecto ás cifras do ano anterior. Desta maneira, os accidentes deixan de ser a primeira causa de morte non natural, para ser substituídos polos suicidios.
Concretamente, o INE explica que o suicidio se situou en 2008 como a primeira causa externa de defunción, con 3.421 persoas falecidas, cifra semellante á de 2007". Por sexo, a mortalidade por suicidio foi maioritariamente masculina (o 22,65 foron mulleres).
En 2008 producíronse en España un total de 386.324 defuncións, 963 máis que as que se produciron no ano 2007, aínda que a taxa bruta de mortalidade descendeu nun 1,3%, xa que se situou en 847,3 mortes por cada 100.000 habitantes, segundo os datos do INE.
Por sexos, producíronse 186.677 falecementos de mulleres, o que supuxo un aumento do 1,3% respecto ao ano anterior, mentres que as defuncións de homes situáronse en 199.647, o que significa unha diminución do 0,7%.
Sen embargo, a estatística revela que o patrón de mortalidade do ano pasado foi similar ao rexistrado nos últimos tempos: a insuficiencia cardíaca superou ao cancro de bronquios e de pulmón. En concreto, as enfermidades cardiovasculares repetiron como primeira causa de morte en 2008, cando ocasionaron o 31,7% do total de defuncións. Seguíronlle os tumores (26,9%) e as enfermidades do sistema respiratorio (11,4%).
Máis mortes por trastornos mentais.
Así mesmo, a estatística indica que as defuncións por sida mantiveron a tendencia á baixa de anos anteriores: En 2008 faleceron 1.212 persoas, un 7,7% menos que en 2007.
En cambio, os grupos de enfermidades causantes de falecemento que máis aumentaron respecto ao ano 2007 foron os trastornos mentais e do comportamento, que subiron un 4,6% e causaron a morte de 12.879 persoas. Dentro deste grupo, o INE destaca a incidencia das demencias, que provocaron a morte de 11.973 persoas, das que o 68,2% eran mulleres. O ano pasado incrementáronse así mesmo as enfermidades do sistema nervioso, cun total de 17.432 defuncións, un 4,2% máis que no ano anterior. Dentro deste grupo destaca a enfermidade de Alzheimer, que causou 10.349 falecementos (o 69,6% deles corresponderon a mulleres).
Atendendo só á poboación feminina, as enfermidades cerebrovasculares foron a primeira causa de morte en 2008, cando provocaron 18.312 defuncións, un 3,4% menos que no ano anterior. A segunda causa de morte foi a isquemia cardíaca, con 15.519 mortes, un 2,8% menos que en 2007.
Entre as defuncións debidas a tumores malignos, o cancro de mama volveu ser o máis significativo (6.051 falecementos, un 1,1% máis que o ano anterior), seguido do cancro de colon (4.629 mulleres falecidas, un 3,0% máis).
Sen embargo, un dos tumores que máis aumentou a mortalidade entre as mulleres foi o cancro de bronquios e pulmón. En 2008 aumentou un 9%, "confirmando a súa evolución ascendente dos últimos anos", explicou o INE. Tamén aumentaron un 7% as mortes por cancro de páncreas.
Os homes, do corazón
Entre os homes, as enfermidades isquémicas do corazón foron a primeira causa de morte con 20.369 defuncións en 2008, un 4,1% menos que un ano antes. A segunda causa de falecemento foi o cancro de bronquios e pulmón, con 17.146 defuncións (un 0,2% menos que en 2007).
Para os españois, o segundo tipo de cancro máis significativo foi o de colon (con 5.973 falecidos e un aumento do 1,0%) e o terceiro o de próstata (responsable de 5.464 mortes, un 2,1% menos que no ano anterior). As causas de morte máis frecuentes nos homes que non apareceron entre as máis habituais das mulleres foron o cancro de vexiga, o cancro de estómago e a cirrosis hepática.
Por comunidades autónomas, as taxas máis elevadas de falecidos por cada 100.000 habitantes no ano 2008 corresponderon a Principado de Asturias (1.203,0), Castela e León (1.092,9) e Galicia (1.082,1), o que segundo o INE explícase "en parte" porque "este tres comunidades teñen unha poboación máis vella que outras".
Pola súa banda, as taxas máis baixas presentáronse en Canarias (653,0), na cidade autónoma de Melilla (656,1) e en Comunidade de Madrid (660,8), o que para a institución, ten a súa orixe en que a poboación é máis nova.
1 Comment:
que horror....joer...
Post a Comment