segunda-feira, 8 de junho de 2009

Troita ao limón

Ingredientes para dúas persoas:

1 filete de troita, ou varios pequenos (500 g en total),
2 patácolas,
1 cebola grande,
4 dentes de allo,
aceite,
viño branco,
o xugo de medio limón,
Romero e alcaparras (opcional pero recomendado)
sal.




Dificultade: media-baixa. Para Lorenzo, media. Jeje :)

Primeiro pelamos as patacas, e cortamolas en rodaxas cada unha e poñemolas a cocer nunha pota, cun pouco de sal. Mentres nos adicamos á troita e ao seu rustrido.


Nunha tixola botamos aceite (ao poder ser de oliva).
Laminamos os allos e picamos a cebola e botamos todo no aceite fervendo, para facer un rustridiño xeitoso. Esperamos a que se muchen ben a lume lento.




Despois botamoslle o zume de medio limon, un pouco romero e unhas areiñas de sal. Esperamos dous minutos, e botamos un bon chorro de viño branco e ponñemos o lume alto.





Pasados 7 minutos, ven o último paso: botar a troita e fritila no rustrido.
Ao final botamos as alcaparras, que lle da un gusto especial ao peixe.




Sen descoidar as patacas, esperamos a que estén ben cocidiñas. Botamos dous cachos de troita en cada prato ( no meu caso, tres para Lorenzo e un para min :) e unhas pataquiñas. O rustridiño por riba. Eu aqui, tamén lle engadin uns tomatiños pequenos, que van moi ben. E xá está. A comer, lambons!!!!


PD: Gon! Estou esperando pola tua receita da lasaña! E Uxio, os garbanzos! E o resto, seguro que tendes algo por ai!!

3 Comments:

O'Chini said...

Polo rio abaixo vai....

Marta said...

Joder como vos currades as receitas con fotos paso a paso e todo!! Eu se colgo algo porei a foto final e punto, e pra o resto botadeslle algo de imaxinación que nunca ven mal XD

O'Chini said...

Si, o das fotos em realidade nom fam falta, ainda que para animar a cousa ao principio nom está mal...
De feito, a maioria dos livros de cozinha só tenhem umha foto do prato final, ou algumha intermédia se hai algum paso dificil, que sei eu....
Venha, Martita, o prometido e déveda!