quarta-feira, 24 de junho de 2009

Aniversario da traida dos restos de Castelao

O seguinte 28 de Junho cumplem-se 25 anos que trouxeram os restos de Castelao a Galiza. Para alguns, Castelao estava a ser traiçoado. Ele deixara-o escrito: queria voltar cando Galiza estivesse liberada. E vendo a que esta caendo, eu diria que a traiçom a este pais continua, mesmo esta institucionalizada. O nojo que sinto cada manha lendo os jornais e indescriptivel, ainda que nom escreva moito sobre isso aqui. Sera que tento esquecer toda a merda. O povo galego e o seu idioma morre a mans de catro mequetrefes e coa connivencia dumha maioria durmida e inconsciente.

O video, e sobre todo as palavras de Tareixa Navaza na TVE forom emocionantes. O Governador Civil quixo parar a retransmisson (ver aqui ). Mais tarde ela foi relegada a trabalho de aquivos pola sua actuaçom.





“Eu cría que Castelao estaría mellor aquí que na Chacarita (cemiterio arxentino que acollía os restos do escritor). Houbo xente que tirou do peto iso de que Castelao non quería volver a Galicia ata que esta estivese liberada, pero a realidade é que xa rematara o franquismo que era o que o levara ao exilio e polo tanto podía regresar”, comenta Camilo Nogueira, daquela deputado de Esquerda Galega e que fixo a proposta parlamentaria para repatriar os restos, logo aprobada por unanimidade polas forzas políticas presentes na Cámara, que non eran todas. Os tres deputados do BNPG-PSG foran expulsados por negarse a xurar a Constitución, posto que consideraban que non recoñecía os dereitos nacionais galegos. Montados nesa polémica, eles comandaron o rexeitamento á decisión. “Nogueira fixo un papel tristísimo, facéndolle as beiras a todos aqueles que realmente o que querían era sepultar as ideas do nacionalismo e do propio Castelao”, afirma Francisco Rodríguez, entón, como agora, dirixente da UPG, integrada na coalición apartada do que eles denominaban “parlamentiño”. Aquela división chega ata hoxe, malia que durante moitos anos Nogueira e Rodríguez compartiron espazo político no BNG, incluso un como deputado en Madrid e o outro en Bruxelas. “Se falamos daquilo durante todo ese tempo? Non, para nada. Eles non son dados a recoñecer erros e por iso os seguen a cometer”, afirma o ex europarlamentario. Non obstante, ambos comparten unha idea: “O ideario de Castelao segue vixente”.


Rodríguez explica a súa postura, que reafirma 25 anos despois. “ trouxeron o cadaleito para nada. Alí está abandonado en Santo Domingos de Bonaval, sen ningún tipo de recoñecemento, facilidade para visitalo ou información sobre a súa obra e ideoloxía, iso demostra que o que único que querían era expulsar a Castelao na súa propia terra”. "[ Manuel Fraga AP e a Xunta] utilizaron o regreso dos restos de Castelao para aproveitarse da súa lexitimidade”, acusa Anxo Guerreiro, na altura deputado polo PCG.

Segue aqui o resto do artigo, em Xornal.com"

2 Comments:

Anônimo said...

O que me jode, votando fora o tema político e nacional, é o acento castelá que ten a que fala na tvg, manda carallo, será tan difícil atopar un periodista galego-falante? XD

O'Chini said...

Tes razom. Isto vem de longe.... Assi conseguem duas cousas: que o galego com fonetica propria, a genuina e utentica siga sendo considerado "paleto" mentres que o que tem fonetica castela seja considerado "culto", e por outra banda gerar issso que moitos denominan "galego de laboratorio". Umha cousa irreal a que os nossos paisanos nom se vem reflexados. Umha tactica terrivelmente efectiva para acabar co pouco que temos. Pero para nada te creas que nom hai gente consciente deste problema. O que passa e que hai moito moito moito moito prejuizo em Galiza, e ao final manda quem manda....

Mira o acento dos catalans cando falam catalam!!! PArece que lhes cambia a voz, caralho, como e natural!!