sexta-feira, 5 de junho de 2009

Curta de animacion: "Mon petit frère de la lune"

Este vídeo é unha preciosidade!... pero das de verdade!
Para os que non coñezan a historia, os autores desta curta teñen dous nenos, unha nena e un neno, este último autista... E claro, son os protagonistas desta pequena obra... As voces, son as reais de estes dous cativos e a historia está basada nas experiencias reais que teñen lugar nesa familia.
E unha curta emocionante e chea de cariño!
(Palabras dun colega de profesion, e ten razón!)
Como non o podo colgar aquí deixo o seguinte enlace:
"Mon petit frère de la lune"

2 Comments:

O'Chini said...

Qué bonita a curta, e qué pena os nenihos autistas.... por que se produce o autismo, ti sabes, Marta?

Marta said...

O autismo é unha enfermidade neurobioloxica, deriva dunha desorde no Sistema nervioso central e non de facores psicoloxicos ou emocionais.Os nenos nacen así. O que sucede é que esa alteracion ten unhas consecuencias comportamentais para o individuo que o incapacitan para responder a estimulos sociais e lles provoca aillamento. Tamen pode suceder que por outro lado teñan unha area do cerebro especialmente desarrollada, para o cálculo, a memoria e de ahi xurden os "Xenios idiotas" como Dustin Hoffman en Rainman, pero creo que non so pasa cos autistas. A orixe non se sabe moi ben, pode ser xenetica(alteracion nalgun cromosoma), mal funcionamento bioquimico, infeccion viral da nai durante o embarazo, malformacion no cerebelo...etc. Se souberas a de casos raros que hai que por unha afeccion nalgunha parte do cerebro, a de consecuencias curiosas que hai no comportamento, na percepcion, no procesamento da informacion. Hai un libro que igual che recomendo e de lectura non moi complicada, é moi curioso e nalguns casos cómico: "El hombre que confundio a su mujer con un sombrero". Hai casos incribles, como a muller que escoitaba música na cabeza, ou a rapaza que non sentia o seu corpo (ausencia de propiocepcion, un sentido que nos indica cal é a nosa postura corporal, donde estan as nosas mans, pes e que fan). A pobre tiña que valerse da vista para camiñar por exemplo (andaba raro claro está), para comer, como se despistara un pouco acababa co tenedor na orella, joder era chungo de carallo! Se che molan estos casos bótalle un ollo...