domingo, 14 de junho de 2009

Paulistánia subjectiva



Caros e caras: enceto estas miñas aleutrónicas letras xa a cabalo entre o Butantã e a Alves Guimarães.
Ó minha gente! Tou bem contente, mozada... vou de mudanza, eita!!
E de este altiño de onde se perfilan as luces da Poulista, hei pasar ao mero mero corazón das trebas da luz, da luz das trebas, ás encostadas rúas de Pinheiros.
Agora si se abre a veda: ficades todos convidados a virme facer bo anfitrión!

E é iso, é mesmo: mañá tamén é a Parada. Esa é outra.
A máis grande concentración de GLS do mundo, e este voso seguro servilleta coas maletas ao llombo alí cabo da folía, mentres a purpurina e as fantasías de ouropel alagarán a Paulista e a Consolasón. Mudo... como é bom!

E nesas, pode que pola enerxía boa que estas cousas me tran, acontece que asistín entre onte e noutronte a un par de filmazoes que non podo deixar de vos comentar, que vos comento degorido, que vos encoraxo para que vaiades mirar tocados a gas....

A pirmeira: Viagem ao Principio do Mundo, do noso paisano de Alén-Minho Manoel de Oliveira... especialmente preparada para os que sentides a ausencia dela (ela que nos doi e nos sulaxa, e na que estamos na distancia, e na que en estando nela non sabemos nin estar). É un filme sobre un filho de portugueses que volta a aldea do pai. Nin en Forever Shaunsha (dito sexa con todo o amor) vira eu tan de perto a miña terra. A primeira media hora cansaresvos, mais ha valer a pena: é Don Marcelo (Mastroianni) enmeighando a cámara, é a estrada mareándote talmente coma quen fose a Arcade uns chocos comer. Mais agardade: despois, neste filme, hai un... unha... era ben velo en tela grande... non vos podo contar máis!

A segunda, especialmente dedicada para quen se sinta capaz de estar lonxe dela-outra: Compostela... Vin, entre alumnos e fans (do galego, o galego idioma), 13 Badajoladas!... e gostei para caramba. Un puta de viaxe por dentro da mente da esquizofrenia (tema: cómo todo esto está fóra da vida dos comúns, asepticamente caché). Ben dobradiña (e si: metéronma dobrada)... mais un puto bon produto porque si. E vina de graça, cousa de o InstCerv por veces se deitar de cara a nós. Mais era para ter que estar nos cinemas paulistanos... valíao ben!

E a outra (aínda que esa non vola vou poder pór tan ao xeito)... Arido Movie. Esta xa foi na tele, na TV Cultura ("a TV que faz bem"). Unha road con destino á caatinga, a terra agreste de seca e padeceres do Nordeste do país. O Fart Leste dos de por aquí. Maconheiros, balas, barra pesada, calor do sol. Pensei: esto tiña que estar nos Valle Inclán, nos Compostela (que non, que xa n’os hai). Tiñamos que darlle un xeito a iso: cómo presta descubrir cousas de noso en estando tan lonxe (e si, xa estou falando da lingua outra vez máis). Dicían no filme: "é cuspido e cagado a ele".

Coda: as imaxes: 1. Sodoma e Modorra pretiño de chez-moi. 2. Fotograma de "Viagem..." co monte da Guarda ao fondo (que saudades, Nossa Senhora!).



E como o medicamento catalán... Voltarem!

3 Comments:

O'Chini said...

Paracitacións e felibéns pola mudança! Pero, quanto che queda ainda por ai?

Obrigrácias tambein pelas recomendaçons, apunto-me aos filmes, Seguramente a "Viagem ao princípio do mundo" será mais fazil de conseguir umha vez que esté em Lisboa, e olhar bem ese elemento surpresivo, eu tenho umha teoria que termina em "-eiro".

Vejo que asiduas o Cervantes! Precisamente chegamos ontem do de NY. Lá a Maria fixo uns exames, a ver se colo umhas fotos por aqui.

Tenho uns sentimentos bem extranhos eu quando estou nesse sítio (o Cervantes, digo...) em fim... coa de feijoadas que estám chovendo na casa ver certas cousas camõemificam-me a ialma!

Gonzalo Amorin said...
Este comentário foi removido pelo autor.
Gonzalo Amorin said...

Muito expensivo Poldo!! Quanto tempo sem saber de ti. É umha delízia ter essas gorentosas novas tuas cheias de reviravoltas. Gostaria ir de te visitares pero por nom estou de jeito para ires. Já saberás. Umha forte aperta e continua a aprender esse bo idioma.