Meus queridos bípedas e trípedos: termina aqui umha série adicada em exclusiva á terra dos vaqueiros. Vam aqui o que prometera, pero que nom tivera o tempo de postear, porque ainda que pareza que nom, fum trabalhar, cagho em Lamar!!!!No nosso hotel em Golden, ao oeste de Denver, nom podia faltar a Biblia, e o livro dos mormons. Quedei-me coas ganas de le-lo....
No nosso carro matrícula 666-The Spirit of America, fumos caminho de Lamar com dous colegas do observatório. Ao fondo ve-se o Garden of the Gods.
Dixen-lhe a Maria que subira arriba ao piranghalho ese, pero nom quixo, dixo que podia caer ela ou o piranghalho todo xunto...
Chegamos a Lamar, e o nosso hotel era igualinho que eses onde os fugitivos repartem os cartos depois de roubar um banco....
Intimidade cero. Abrias a porta e já estavas no aparcadoiro e a estrada principal...O meeting do Observatório Norte fixeron-no coincidir co dia de Lamar. E no dia de Lamar, claro, havia umha Parade. Tododios na vila a desfilar con sus banderitas y sus trajecitos. Os da foto son dumha tipica banda americana de high-school. Aposto-me umha birra a que todos fam burla da do trombom...
Os velhos aproveitarom para desengraxar os seus carros...
Ese triciclo mete-lo numha leira galega e nom dura 5 minutos de pé. Mira que hai cousas raras ho!
Os nenos tamem desfilavam, e bem motorizados.
Umha representaçom da Escola de Rodeo de Lamar. Iiiiiiha!
Ai chegavam os meus. Por razóns políticas, deviamos participar na parada: temos que ter contentos aos Lamarianos já que vamos ter instalaçons nas suas terras. Assi que nos unimos e repartimos autocolantes e trípticos de Auger. As velhas aplaudiam e abaneavam as suas bandeirinhas... hehe...
Em teoria havia que levar umha camiseta de Auger e umha bandeira nacional de cada um. Nem deus o fixo, excepto o ex-portavoz do Observatório, A. Watson, que é escocés, a esquerda na foto. O da dereita é o meu super-chefe Jim Cronin, prémio Nóbel, assi como quien no quiere la cosa, toma esa. O Watson (elemental) nom levou a bandeira británica, nom, e podo-vos dizer que nom é nacionalista, para nada. E nem sequera a bandeira escocesa que todos conhecemos coa cruz do Santo Andrés. A que levou foi umha bandeira escocesa histórica: a do rampant lion, mireusté. Nós, os galegos tamem temos bandeiras históricas, entre elas umha bem parecida. Mirade-a aqui, e todas elas aqui: http://www.bandeiragalega.com. O que tamem temos é um complexo bestial que nos impide desfrutar da nossa riqueza cultural com naturalidade, e por isso nom som tam conhecidas. Quando um galego fai algo parecido, já sabedes os comentários que recebe...
Pola tarde fomos visitar o site. Bem planinho, nada ao redor e milhas e milhas, como tem que ser. Por certo, fumos num autobus escolar típico. The Siiiiimpsooons....
O resto da semana, currar, ir a charlas, discutir, currar, ir a charlas....
A foto dos Collaboration Members. Onde está Wally? E onde está Ned Flanders? E Papa Noel? E o de Calizas de Calfensa? Hehe...
Na ceia da colaboraçom houvo umha representaçom da folclore índio local. A mim dou-me bastante que pensar todo isto, por dizi-lo suavemente. A penha enchia a boca de comida de de grandes palavros sobre a "cultura" india. O detalhe da bandeira americana detrás pom-lhe a guinda ao pastel. Pero por favor! Nom confundamos! A cultura india foi esquilmada!!! O que vimos alá foi um espectáculo igual de turístico que de falso!!! Cultura=folclore é umha equaçom maldita que tamem sofremos em Galiza, e por isso logo hai gente que di o que di.... Rezava umha pintada na Corunha: Fraga, a cultura galega é algo máis que umha gaita... E pois é.
As ceas normais do dia a dia forom nos poucos restaurantes que havia aparte do McDonalds, KFC, BurriKing e similares. Fechavam ás 8, e por nós mudarom e fechavam ás 9.... A marioría eram mexicanos, por isso os de Chicago estavamos um pouco fartos... pero atopamos um tailandés onde se comia bem...
Pola noite tomamos umhas margharitas, e Maria quedou toda contenta porque lhe pediram a indentificaçom já que parecia ter menos de 21 anos... Como nom trouxeramos os pasaportes, ensinamos os DI espanhois. Nom lhes valíam (em Chicago si!), assi que nos tivemos que ir. Máis tarde nos contaram que vinhera a policia... Aqui levam em sério o dos límites de velocidade e o de alcool a menores. Como se devem aburrir os homens estes...
O sábado (ontem) colhemos o carro de volta cara ao aeroporto de Denver. Esta vez, voltamos por outro caminho.
Paramos a tomar um café americano (puagh!) e umha hamburguesa (ok) numha chavola que estava ao lado da autopista, no medio de ningures... Na foto saquei a dous motoristas coas suas Harleys. Que típico é todo, meu Deus.... ai....
E já está... Aqui estavamos a esperar o aviom cara Chicago. Duas horinhas e em casa. A Maria meteu um berro bonito quando pilhamos umha turbuléncia repentina. Já nom lhe gustam os avions e ainda acima isso!! Caghou patatillas co medo, probinha... o que tem que aguantar para estar comigo...
O'Chini, desde Chicago de Noche
segunda-feira, 19 de maio de 2008
Umha semana em Lamar
Posted by
O'Chini
at
03:01
6
comments
Labels: as nossas cousas
domingo, 18 de maio de 2008
17 de Maio
Hei compadres e comadres!!!
Surprendido estou de que ninguem escrevesse umhas linhas sobre o Dia D!!!! Eu estivem de viagem -por variar- assi que ontem nom tivem acceso a internete. Hoje revisei os diários: tremerom até as pedras em Santiago, a zona velha foi um auténtico berro galaico-galegante!!! Viva Ghalisia, baby!!! Estamos vivos e coleando mal que lhes pese a certas asociaçons Galicia Bilingüe (qué nome tam hipócrita, caralho!) ou Tan gallego como el gallego - ej er gaspasho, y olé (tra-ca-rrán de gitarra!). A merda que últimamente vinham levantando os herdeiros da AGLI, em lugar de me entristecer, conseguiu-me cargar ainda máis as baterias. Aquela suposta frase que lhe dixera Don Quijote a Sancho; Ladran, luego cabalgamos é umha verdade como um punho, que por certo, doe como se fosse direito ao estómago.
Um regalinho vos deixo do meu columnista preferido em La Voz de mi Aaaaamo (Señolita Escal-laaata). Um tipo muito recomendável que tem a independéncia necesária para ponher a cadaquem no seu sítio, incluíndo aos "nossos" (quero dizer: meus), quando toca. E curiosamente toca-lhes bem pouco, comparado cos outros.... cousa que dá que pensar quando vem dum neoliberal-católico-practicante confeso (isso espero polo seu bem) e ex-PP repudiado, pero co sobrado bem amoblado e as cousas claras clarissimas. Olho!: nom fai falta estar dacordo coa vissom de pais para gostar das suas reflexions. Sem mais parabolar, aqui vo-lo deixo. Eu já me elevarei ao quadrado noutro post sobre outras lérias, que o far west dá para moito. Como dixo o senhor Iglesias, Arsénio, nom todo vai ser fútbol, pero de vez em quando hai que botar umha pachanga, digo eu, nom?
Artigo de X.L. Barreiros em La Voz de Galicia ontem, Dia das Letras Galegas.
Fala-la fala nai
Cada vez hai máis galegos que, afirmando formalmente a súa identidade e o seu amor pola terra, cargan sen embargo contra a obrigación de estudar o galego, ou contra a cultura institucional que favorece o uso e a crecente normalización da lingua propia. A eses galegos chamoulles Celso Emilio Ferreiro os «patufos desleigados, / pequenos mequetrefes sen raíces / que ó pór a garabata xa non saben / fala-la fala nai, / a fala dos avós que temos mortos?».
Por experiencia sabemos que, pese aos esforzos feitos no período autonómico, e fronte ao éxito inicial das políticas de normalización, o galego, igual que sucede coas outras linguas minoritarias do Estado, resiste moi mal a competencia co castelán, e que se non se asume a discriminación positiva a favor da lingua, que implica obrigacións para todos nós, corremos serio perigo de perder a peza esencial da nosa identidade.
Por iso é urxente que saibamos distinguir entre a liberdade lingüística que temos e podemos exercer a nivel individual, e aqueloutras obrigas que temos que asumir, como pobo, baixo a tutela das institucións.
Neste senso cabe afirmar que a liberdade lingüística dos cidadáns é perfectamente compatible coa obriga curricular de estudar galego e demostrar a nosa competencia intelectual e profesional nesta lingua. Ninguén nos pode impoñer a obriga de saber matemáticas ou ortografía para ser español e exercer todos os nosos dereitos. Pero si nos poden obrigar a estudar esas materias no noso período escolar, condicionando con iso as posibilidades de obter os títulos correspondentes, acceder á función pública ou exercer as profesións que requiren unha previa habilitación académica.
O galego é a nosa lingua. E só negando esa realidade, e apuntándose expresamente á condición de «patufos desleigados», se pode esixir un trato para a nosa lingua que non a equipare en dereitos e deberes ao idioma oficial do Estado. Porque a liberdade lingüística non inclúe a incompetencia curricular para escribir e falar o galego, senón a libre opción que adoptamos despois -cando xa somos competentes- na nosa vida social, profesional e familiar.
¿Que diriamos dun dinamarqués ou dun grego que, pretextando o decrecente valor do seu idioma, reclamase o dereito a instalarse na eutanasia lingüística? ¿Que dirían de nós as xeracións futuras se, no intre no que dispoñemos de máis posibilidades de uso e aprendizaxe da lingua, a deixaramos? O debate sobre este punto raia, para min, no puro delirio. Porque eu prefiro instalarme na vontade de ser que o propio Celso Emilio cantou mellor que ninguén: «Eu fáloa porque si, porque me gusta, / porque me peta e quero e dáme a gana / porque me sae de dentro, alá do fondo».
Posted by
O'Chini
at
22:35
4
comments
Labels: Língua
segunda-feira, 12 de maio de 2008
De concerto
Pois non era sen horas. Tocarei por primeira vez nese mítico antro que é o Tarasca.
A cita é este xoves ás 23:00 na festa da lingua de GZ Nova Compostela. Nesta ocasión en solitario e tamén cantarán Xosé Constenla e o Leo i Arremecághona.
A foto é do último concerto na Auriense, non é gran cousa, pero...
Bicos
Posted by
The Sobrado
at
14:04
4
comments
Labels: as nossas cousas, música
Furtivo de copas: bogavante on the rocks
Belos e belas:
A terra dos vaqueiros nom deixa de sorprender. De copas nos fumos a um bar calquera. Entre chapeus John Wayne, neons puticlú e cabeças de touros com mexican sombreros atopamos umha máquininha desas onde pescas o teu prémio movendo umha palanca... Que cousa é o prémio? Peluches? Relóxios? Nom! Todo isso som mariconadas no Far West! Botade um olho....
Um bom bogavante!!! E cho cozinham alí mesmo se o pilhas!! O preço: dous dólares cada intento. A ver se aprendem no Franco!! :D
Por certo, menudo agóbio para o probe bicho ver os ghanchos eses moverse sobre a sua cabeça... aiai...
O'Chini desde Colorin Colorado.
Posted by
O'Chini
at
05:59
2
comments
domingo, 11 de maio de 2008
O Concursazo II (por aclamación popular).
Estimados e madas.
Tenho que dicir que virei fan do blogue.
Gosto muito de varios dos postes que fostes pondo, contra os que acostumo bater a cada pouco. Há tempos que quería postar, pero trancas e barrancas tenme atrabarrancado, e por enquanto xa estaba pasando a facer parte do vecindario fantasma que engrosa a lista desde blog sen se manifestar.
E pois é.
Por esta cuarta parte do mundo as cousas van indo. Maio, contra o que por aí pasa, é mes de outonía e de días que van devecendo, mais servidor conta con ir pasar o vran no hemisferio norte, así que non faz mal. Agora, porén, toca mes de labra, que como para os labradores era o mes do traballo duro, para o meu gremio tamén se fai tempo de trafegas e malabarismos, todo xirando ao redor do día D.
Nesas andamos, organizando a vinda de estudosos ou artistas a estas terras, e tratando de dar bombo e platillo do feito. Xa vos contarei.
Por encuanto non puiden evitar unha segunda excursión de Concursazo! (sobre indirecta do atento anfitrión), esta a partir do prédio do Bovespa, ben no medio da capital. Vedes o bosque de ladrillos? Vedes a urbe en que me des-encontro. Alá ao lonxe, lonxe, fica a minha faculdade. E tras do cu, a man esquerda, lonxe tamén, a casa desde a que vos posteo nesta noite estática.
E tema do Concursazo! é o seguinte: "Alguén viu Wally?" Só que aquí máis ben sería: "Alguén viu unha Catedral?" Pensando en Compostela faime gracia, que alá todo xiraba ao redor da Sé, e aquí aí a está, achantadísima!
O premio é o de costume, e por orde chegada e inspiración.
Até ja!
E abrazos de maio de flores cubertos!!
Posted by
O'Poldow
at
05:46
6
comments
Labels: O Concursazo
sábado, 10 de maio de 2008
Detencion á americana
Ola a tod@s!
Ó final onte non puiden escribir, quedeime durmida mentras que Loren estaba a estribillar no blog.
O que vos quería contar é que onte, mentras estaba na habitación do hotel,en Golden, vin todo o proceso dunha detención policial americana xusto debaixo da minha ventá. Foi todo moi rápido: comprobación da identidade do detido e antecedentes penais... chamada a outra patrulla da policía, detención do "presunto", posta das esposas ó mesmo e finalmente caminho á jail. Gracias ó superzoom da cámara de Lorenzo puiden velo todo con detalle. O home estaba todo desesperado, compunxido... a decir a verdade tinha unha apariencia do mais normal, como un bo pai de familia, como se di... Que carallo faría?
Polo que me estiveron contando, aquí a policía sempre pon as esposas cando hai unha detención... hasta polas infraccións máis leves como pode ser ir a unha velocidade superior a permitida.
Pois ben... xa vos irei comentando moitas máis cousas... No camiño pasamos por Colorado Springs cunhas paisaxes espectaculares. Xa pegarei fotos mañá cando as descargue... Agora é de noite e acabamos de chegar a Lamar, na América máis profunda: "homasos" camioneiros entrando coas botas cheas de merda, cheirume insoportabel de granxas de polos, motel peliculero ao lado da estrada (con WiFi!). En fin, o far west do século XXI.
Bicos!!!
Posted by
Maria
at
06:54
2
comments
sexta-feira, 9 de maio de 2008
Cazone Colorado
Senhoras e senhores:
Parei-me a pensar o outro dia que nom conto moito das minhas andainas americanas, asi que hoje toca.
Pois a história é que vim a Golden, Colorado, a umha conferéncia sobre astrofísica que se celebrou na Escola de Minas da vila.
Vim contar aquelo que o Observatório Auger publicara na revista Science fai poucos meses: que os Raios Cosmicos parece que venhem das AGN´s (nucleos galácticos activos). Nom vos vou romper a cabeça com estas cousas, seguro que tedes outras cousas mais interesantes para penetrar, e perdom por repetir o chiste. Aqui vos deixo um video da noticia na TV argentina (o observatorio está alí fisicamente, ainda que é umha colaboraçom internacional). Tinham ese tom que determinados periodistas lhe dam, e cum egocentrismo estereotípico, (bom, tede em conta que é umha notícia dada para o público argentino.. algo assi como "gallegos en el mundo" de La Coz de Galicia) Video en Noticieiro Argentino. No fondo da-me risa, nom o tomedes 100% sério, hai artigos de divulgaçom melhores...
Como anécdota, contar-vos que trabucarom o meu apelido por Cazone, que em italiano significa algo assi como "pelotudo" ou "coas bolas grandes" segum me explicarom. Bom, por isso miravam para mim os italianos quendo falava e polos corredores...hehe...quando me dim conta fum falar co organizador pero jé estava em todos os papeis....
Bom, e nada máis, Maria esta vez veu comigo a conhecer o Far West e para nom quedar soinha tanto tempo em Chicago. (Por certo, dixo-me que colaria um post depois de mim sobre umha cousa que vimos dende a janela do hotel, tipical american total. A ver se nom se queda durmida vendo a tele...)
Onte foi a ceia da conferéncia e o restaurante estava entre esas duas rochas. Botava de menos a El Correcaminos y El Coyote dos debuxos... Desafortunadamente habia pouca luz para fazer umha boa foto, assi que reusei esta da rede...
Manhá pola amanhá saimos para Lamar, umha vila a 3 horas em carro depois de Denver, onde terá lugar umha reuniom do proprio experimento. Pasaremos lá máis dumha semana, assi que já volverei a vos martirizar em breve.
Abraços e abraças a tutti plem.
Zini il Cazone, desde Colorin Coloratti
Posted by
O'Chini
at
07:41
2
comments
Labels: as nossas cousas
quarta-feira, 7 de maio de 2008
O Timo do Palesco
¿E como non sabían que ós galegos gústanos tomar as tapiñas mirando ó mar e ás gaivotas? ¿A quen carallo se lle ocorreu facer un centro comercial sen vistas á veira do mar? ¿Seica somos Madrileños? ¿E por que non fixeron un museo ou en que sei na vez de enchelo de franquicias globalizadoras? Agora choran por que non da cartos. Máis choramos nós, que tivemos que paga-lo co suor do noso pobo.
Posted by
Anônimo
at
20:13
10
comments
sábado, 3 de maio de 2008
Cinema galego: Pradolongo
Hoje descobrim com agrado esta longametragem em galego ambientada no Val d'Eorras, Ourense. Penso que ainda a estám a estrear polas vilas galegas adiante, pero nom estou seguro. As salas santiaguesas parece ser que boicotearam este filme. Vaia home... desde logo... ás poucas películas que hai em galego, ainda acima isto..., a can fraco.... já sabedes.
Por certo, Ricardo, o ex-compi de Edu & Gus e ex-vizinho de Rober tamem anda por ai, vejo que lhe vam aparecendo projectos de vez em quando. Alegro-me por el!!.... Aqui vai o video-promo e aqui a sua web, Pradolongo:
Fixai-vos no detalhe de usar o galego próprio da zona, co seu tuteo e todo, esas cousas calam na gente para bem! Mareas Vivas abrira a veda, e com moito sucesso!
E navegando atopei Filminho, festival de cinema galego-portugués, bom, um dos vários festivais de cinema que hai em Galiza. (Cris!, apresentarás a tua curta a concursos quando esté finalizada, digo eu, nom? Por certo, a ver quando volves postear com notícias frescas!). Bom, chamou-me moito a atençom este vídeo primeiro por que está moi bem feito (todos os vídeos promocionais de Filminho estam moi bem, polo que eu vim até agora), e logo porque me trouxo a memória os tempos Zángalhos. Lembrades o lugar onde aparece o cenário? Hehe... Penso que nada especial acontecera nese concerto (financiado pola Xunta), agás a "masiva" afluéncia de público, e problemas cos homens de som, coma sempre.
Posted by
O'Chini
at
18:42
4
comments
sexta-feira, 2 de maio de 2008
Agora un chisco de blues...
Cambiando un pouco de estilo de música nostálxica, pasamos a un temiña do xenial guitarrista Scott Henderson sacado do seu disco"Tore Down House". Para quen lle guste o blues, creo que é un disco redondo. Con este tema no creo que ninguén se tumbe no sofá. Pois ala, sen máis rollos, espero que vos guste.
Posted by
Marta
at
01:02
3
comments
Labels: música