quinta-feira, 8 de julho de 2010

Reflexión futboleira


O de onte foi unha bofetada ao centralismo. Explícome: 6 xogadores da canteira da Masía; os de Madrid (quitando a Casillas e Torres) da canteira vasca (sobran comentarios) e do Sevilla (un equipo que xa leva un tempiño facendo ben as cousas e traballando cos rapaces). Outro máis da canteira asturiana (Sporting, penso) e a Capdevila non o teño fichado pero con ese apelido...
Os comentaristas de Cuatro desfacíanse en halagos ao xogo xenuinamente español, con estilo propio, inimitable, inigualable, marca da casa... da casa de Cruyff e Guardiola. Por riba o gol marcouno un tal Puyol, iso si, grafía alterada no seu apelido (isto é outra historia filolóxico-política).
E aínda os hai que nos bares increpan aos que apoian ao Barça porque "non son españoles" (léase co españolismo e con acento de Cacheiras).
Eu prefería non ser español e que o Arenteiro fose campión de Europa con 8 rapaces do Carballiño. Vós non?

1 Comment:

Danito said...

Que cando se poñan a camiseta espanhola sexan espanhois e cando se poñan a do barça sexan cataláns é simplemente ridículo... ¿Alguén pensa que Puyol bicaría o escudo espanhol como bicou o brazalete coas cores catalanas no Bernabeu?? Pero estos rapaces veñen a demostrar que o deporte debería quedar ó marxe da política...