terça-feira, 8 de setembro de 2009

Aconteceu en Santos


Pode que fora en Santos ou, quén sabe, talvez en São Paulo, ou mesmo no Rio de Janeiro. A historia referíronma hai pouco, como certa, e debeu ter acontecido cara a metade do século pasado.

E ela foi que un noso paisano chegou ao Brasil, onde o esperaba un coñecido. Logo da cansativa viaxe, paseaba o noso home polas rúas da cidade a canda o seu patricio, cando avistou unha estraña quitanda no medio e medio da beirarrúa.
-E logo aquelo de alí, "cachorro quente", que vén sendo? -dixo o desembarcado, interesado.
-Ah, pois iso -respondeulle o outro-, iso chámanlle eles así. "Cachorro" ser é can. Pero isto aí é de comer, tipo unha empanadilla. Estache bo!
-E ti... cómelo?
-Home claro, e logo! Pois coma todos! Vamos, que imos probar un, para que vexas como é.
E alí se foron os nosos dous Odiseos, un máis desconfiado có outro. E cando o vendedor lle dou aquel pedazo de pan con salchicha, tomate e vinagrete, vai o noso paisano, o que acababa de chegar, e di todo compunxido :

-HOME, HOME, E LOGHO NON ME PODIAS DAR OUTRA PARTE DO CACHORRO?!?!

7 Comments:

Gonzalo Amorin said...

Todo um clássico bem adereçado!

O'Poldow said...

Como clásico!? Foi de verdade da boa!

Anônimo said...

Manda eggs!!

Danito said...

Había outra versión que ó cabo do tempo dicía o paisano: manda carallo!! Sempre me vai tocar a mesma parte do cachorro...

Gonzalo Amorin said...

Pois sera verdade da boa, pero e um conto que sei de velho. Sera a tua estoria a origem?

P.D: O PC nom me deixe por tiles.

O'Chini said...

hehehehehe:)))
Eu nom sabia, hehehe:)))

O'Poldow said...

Si non é vero é ben trovato. As historias boas é coma se fosen! Boeno.. os vídeos todos eses da Galega non os dou visto nin a de treis.