segunda-feira, 24 de agosto de 2009

Recomendación musical

E aínda que sería máis acaido, non vou recomendar "Me disen el desaparesido..." do noso Manu Chao.

Como lembraredes, no máis escuro e alonxado do pasado de moitos dos que andamos argallando neste blog (uns fozando con menos intensidade ca outros), atópase un elemento común por facer (disque) música folque.

A cousa é que un amiguiño meu gaiteiro e coruñes (que non son incompatíbeis as dúas cousas) toca nun grupiño que conseguiron poñer nun CD o seu primeiro "traballo discográfico", así que, como recomendación, velaí vai a web deles: www.tiruleque.com

E de regaliño... "embébovos" un video desta xente en Ortigueira (si, os cabróns pasaron á final do Runas, que agora é o primeiro día do festival no escenario grande... ai quen nos dera a nós) :D

0 Comments: