quarta-feira, 7 de setembro de 2011

Sobre a reforma constitucional que nos queren impor

A Reforma Constitucional que están a xestar PP e PSOE (principalmente) para establecer un teito de gasto (que rematará provocando recortes en áreas tan básicas coma sanidade, educación, ...) non é outra cousa que un puto parche que non vai evitar en absoluto a caída do IBEX nin a especulación e consecuente subida da Prima de Risco española: ámbalas dúas se moven en base ó MEDO (moitas veces contrariamente a datos contrastados e fiables), medo que manexan coma ninguén os especuladores.

Metafóricamente falando: se nun pobo se empeza a rumorear que a filla de Antonio é puta, ó final vai ser puta a ollos de todo mundo e todo mundo vai reaccionar coma se fose puta, inda que ela sexa en realidade a única virxe do pobo.

O único que vai acadar esta reforma 'con présas' será lastra-lo futuro das xeracións que veñen e o noso propio, pois os Mercados e as Axencias de Rating seguirán dicindo que a nosa filla é puta, o IBEX darase contínuos batacazos e a 'curmán' de risco estará polas nubes.

Tamén cabe resaltar ó rápido que se está a levar a cabo unha reforma de semellante calado, repercusión e transcendencia, ¡e SEN REFERENDO!, cando unha reforma coma pode se-la ampliación-profundización do dereito de autodeterminación é tema tabú para os dous grandes partidos nacionais.

Noxo.

0 Comments: