domingo, 18 de setembro de 2011
Ál(o)go
E despois de tres anos e pico de visitar asiduamente e -mal que ben- publicar algunha cousa no blog, tivo que confesar que non: non sabía aínda cómo se facía para que o vídeo aparecese directamente no corpo do artigo, e conformouse con poñelo cun enlace.
-Pero non tentaches co segundo símbolo de esquerda a dereita que aparece na barra de símbolos?
-O que ten coma un fotograma debuxado?
-Si, ese.
-Pois si, tentei, pero non dá cargado o raio do vídeo..... eu creo que o estou facendo mal.
-Talvez, ti...
A noite de Xirargha estendíase coma un manto escuro e as luces das farolas semellaban soles no ocaso, soles que se multiplicaban mornos e laranxas polos cristais das portas-vidreiras e parecían observar a pantalla branca e azul do seu lap-top. A dúbida do posteador perdeuse nos outeiros de Xesta Vella coma o ouveo do lobo.
-E de que era o enlace ese?
-Nada... pois dun grupo arxentino que me acordaba do tempo d'A Feira das Mentiras, o Afrequeté ou quizais a primeira vez que entrei nos bares da Zona Velha.
-Saudoso, eh!
-Boh, o caso é que me parece que ten moita coña os Cadillacs nesta peza...
-Xa... e para eso precisabas facer un diálogo para ollomoles coma este.
-Di álogo!
-Álogo!
-Non, non. É que quería dicir outra cousa... que o outro día vin unha pintada que me gustou moito, e creo que era tamén nas rúas de Arxentina (xa sabes, a ubicuidade da Rede)
-Et qu'est-ce qu'elle disait?
-What?
-Que dicía?
-DICÍA:
LiberQUÉ?
IgualiCÓMO?
FraterniCUÁNDO?
Posted by O'Poldow at 23:55
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
3 Comments:
Retrouseiro Poldo!! Avante com a nostálgia que é o que nos dará (e dá) a vida.
os bares da Zona Velha... Míticos! As cervejas nom som assim tam boas, mas as conversas...huau!!!
E oes, a martita colou um tutorial de como colar videos do lhutúf
Ok! Pois a ver se dou con ese tutorial. E ótimo o de "worrior"!
Post a Comment