domingo, 11 de setembro de 2011

Bom golpe de fouce, segadores!!! 11Sept: Dia nacional de Catalunha

Els Segadors (os segadores em galego) é o hino nacional de Catalunha. A letra actual compuxo-se em 1899. Está baseado, numha antiga cançom da revolta de 1640 ( Guerra dos 40 anos) dos camponeses contra o o abuso das tropas castelhanas que se encontravam no principado para loitar em contra dos franceses. O hino tem as características dum chamamento em defesa da liberdade da terra. Recolhe os feitos acontecidos durante o chamado Corpus de Sang (Corpus de Sangue), umha revolta protagonizada por um milhar de segadores o 7 de Junho do 1640, dia de Corpus Christi, em Barcelona.



Catalunya triomfant,
tornarà a ser rica i plena.
Endarrera aquesta gent
tan ufana i tan superba.

Catalunha triunfante,
volverá ser rica e plena.
Atrás esta gente
Tam arrogante e tam soberbia.

Bon colp de falç,
Bon colp de falç,
Defensors de la terra!
Bon colp de falç!

Bom golpe de fouce,
Bom golpe de fouce,
Defensores da terra!
Bom golpe de fouce!

Ara és hora, segadors.
Ara és hora d'estar alerta.
Per quan vingui un altre junyes
molem ben bé les eines.

Agora é a hora, segadores,
Agora é a hora de estar alerta.
Para cando chegue outro junho,
afiemos bem as ferramentas.

Bon colp de falç,
Bon colp de falç,
Defensors de la terra!
Bon colp de falç!

Bom golpe de fouce,
Bom golpe de fouce,
Defensores da terra!
Bom golpe de fouce

Que tremoli l'enemic
en veient la nostra ensenya.
Com fem caure espigues d'or,
quan convé seguem cadenes.

Que trema o inimigo
cando veja a nossa bandeira.
Como fazemos cair espigas d'ouro,
cando convém segamos cadeias.

Bon colp de falç,
Bon colp de falç,
Defensors de la terra!
Bon colp de falç!

Bom golpe de fouce,
Bom golpe de fouce,
Defensores da terra!
Bom golpe de fouce!

2 Comments:

O'Poldow said...

Ei, a xente (nós) tamén temos un himno "fouciñudo". Eis o que lle fixo Ramón K. Banilhas prós agraristas de "Acción Gallega". Do seu libro "Da Terra Asoballada", de 1917.

Acción Gallega

¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!
¡Desde Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!

Que vexa a Vila podre,
coveira da canalla,
a Aldea que traballa
disposta pra loitar.

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra a sangre a regos
dende a montaña ó mar.

¡Ergámonos sen medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo señorial!

Xa o fato de caciques
ladróns e herexes fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra a sangre a regos
dende a montaña ó val.

O'Chini said...

Ghondieu!! É-che canheiro!!
Mas o catalam só di "bom golpe de fouce", nem di a quem.... quem sabe? Ao milhor estam a falar de segar sem mais...os probrinhos...hohoho...

E por certo, vim várias votadas "Ein?". Paquelosepais, o 11 de setembro é o dia nacional de Catalunha.

Com dous conhoncinhos os catalans como sempre. A mim pon-me a pele de ghalinha choca!! Redieu!!