quinta-feira, 26 de maio de 2011

As melhores frases nas dobragens ao galego

Corto e colo:
http://miraquefaciles.blogspot.com/2011/05/as-millores-frases-de-dobrexe-en-galego.html


Tódolos amantes do cinema preferimos ollar sempre as películas na súa linguaxe orixinal, en Versión Orixinal (con o sen subtítulos). Pero os galegos, sempre facemos unha excepción, e son esas xoias de dobraxe a nosa lingua que coa gracia do noso idioma, maila a dos traductores e actores de dobraxe conferen a certas películas o caracter de mítico a súa dobraxe.

E desas míticas dobraxes xurden míticas frases. Grandes exemplos:


Na primeira triloxía da "Guerra das Galaxias":
-Luke, non poñas os carro diante dos bois, dille Yoda a Luke durante o seu adestramento.
-Terma Chewee, que escorrego; Han Solo a Chewbacca no Halcón Milenario.
-Isto non che é como peneirar, meu!; conversa entre Han e Luke sobre o hiperespazo.
-E ti ris, furabolos!; Han Solo a Chewbacca, despois de que Leia rexeitara a Han.

Na serie "Dallas":
-¿Estás bébeda, Sue Ellen?; considerada a mais mítica frase do dobraxe galego.

"Instinto Básico":
-Ti ves unha perrecha e poste tolo.
-¿Cómo, fodiches nela?

"Terminator 2"
-Vai rañala, raparigo; versión do "Sayonara, bay" castelán, o do "Hasta la vista" original.

"Mystic River"
-Fillo do porco, marrán seguro; dito pola persoaxe que interpreta Sean Penn.

"O prezo do poder"
-Róncalle o carallo; di Tony Montana (en castelán foi "hay que joderse")

"Hot Shots 2"
-Escomenzamos a mañá cunha tonada de ana Kiro, di Charlie Sheen

A saga de debuxos de Son Goku "As bolas do dragón"
-Es un pimpim, Son Goku; dille Vexeta
-Voute esnaquizar, verme noxento.

"Pulp Fiction"
-Chámome Purrús, e por moito que latriques desta non sálva-lo cú; di Jules.

"Aberto ata o mencer"
-¿Queres que te coma a perrecha?

Os debuxos de "Shin Chan"
-Cuiño, cuiño

"A casa Rusia"
-Entras nun urinario, poste a falar cun moscovita e cando rematas de abanea-la pirola, amas esa cidade ; por Sean Connery

"O Sarxento de Ferro"
-No coche do meu vello, co depósito cheo, unha man na cona e polo cú un dedo; un dos cánticos.

"Demolition Man"
-Pensei que ía pras patacas; Stallone a Sandra Bullock.

"O silencio dos cordeiros":
-Podo cheirar a tua crica dende eiquí, dille un preso a Jodie Foster.

4 Comments:

O'Poldow said...

Moitas e delas (que é outro xeito galego de dicir "moitas delas") chaman a atención porque vemos utilizado nun contexto formal ou pseudo-formal secuencias de texto que asociamos coa informalidade ou, en moitos casos, coa ruralidade dunha expresión. Penso, por exemplo, en que chame a atención o de "pór o carro diante dos bois", porque é un exemplo pintiparado. A frase feita parécenos qué, rural? Pensamos así que Luke, ou Yoda, teñen unha explotación gandeira. Pois ben, no portugués do Brasil que se utiliza nos xornais "pôr o carro diante dos bois" é unha frase común, e alí ela aparecía aplicada a Lula, ou aparecerá aplicada agora Dilma, sen que nin "rachase as vestiduras" (e como se diría isto en galego?). A fraseoloxía é, sen dúbida, un dos cofres onde se garda "o xenio" dunha lingua..... por outra banda, cabe dicir que, malia impedirnos acceder ás versións orixinais, as dobraxes galegas teñen como norma xeral unha calidade lingüística moi boa, mellor có promedio do galego oral da televisión (de xornalistas ou presentadores), e no caso das series de debuxos animados, teñen feito ben máis cás campañas de desnormalización.....

O'Poldow said...

E unha máis para a restra delas: nun western (imaxino que con John Wayne) un dos cowboys ve ao compañeiro en mal estado e sóltalle:

- Mal te vexo, Mick... inda vas ter que ir abala-la pedra a Muxía!

Marta said...

Algunhas son brutais, hahahahaha...

O'Chini said...

Acertada reflexom, caro Poldo!! Apunto-me a dos bois brasucas!