Que bonito se está a poñer esto, que bonita está a praza Sol en Madrid e en xeral gústame o ambiente que se está a palpar ó longo de todo o territorio.Todo isto, apesares de que medios da extrema dereita (Libertade dixital,Intereconomía....)estén a facer grandes esforzos para desacreditar estas manifestacións espontáneas (que si son todos "perriflautas"´,que si son okupas, ou que si é unha manifestación provocada pola ezquerda en visperas das eleccións).Bueno o certo é que dada a altura intelectual de estas persoas, tampouco hai moito que temer,favorécenos máis que persoaxes de certo nivel coma o escritor Jose Luis San Pedro abrazen esta causa.Tamén a pesares de que certo sector da esquerda este a facer esforzos para abrazar tales manifestacións como propias.O certo é que algo está pasando, non sabemos canto durará nin cales serán as súas consecuencias pero algo está pasando.Esto tiña que pasar,era previsible.Esta é a xeneración que chamaban "NI" os políticos hasta que se deron de conta que non podían esixir que traballasen cun 20% de paro as súas costas.Unha xeración "NI" que ten que pagar as consecuencias de que a xeración"traballadora" invertise e especulase a máis non dar co ladrillo e coa banca.Así a actual crise financeira mundial está a ser gobernada por un presunto agresor sexual a nivel internacional(Dominique Strauss-Kahn) por un inepto a nivel estatal(J.L.Zapatero) ou por un delincuente mafioso a nivel autonómico (Francisco Camps en Valencia).Esto é todo o que nos ofrece a democracia que eles nos queren impoñer e todo elo co apoio da prensa rancia de este sitio que se fai chamar país, que non lle prestaron atención e mesmo ningunearon os xoves hasta que sairon a rúa.
Pero que se tranquilice a xeración que acuñou o termo "NI".Esta revolución é pacífica polo momento e creo hai máis nivel intelectual que no 1936 cando se terminou metendo ó país nunha Guerra Civil.
Esta noite mentras apague a luz antes de deitarme volverei a pensar que algo está cambiando...
quinta-feira, 19 de maio de 2011
Algo está cambiando...
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
2 Comments:
Oxalá!!
Eu por desgraça estes dias nom me entero de nada... Estamos sem TV, mas penso que a TVEi tampouco informa muito... Por sorte temos corresponsais destacados!! :)
Umha pergunta: vim um titular do PAIS que dizia: "la izquierda está nerviosa y la derecha se frota las manos". Ainda sigo a pensar nisso. Está claro a quem perjudica mais este movimento? A verdade é que nom me importa demasiado, a minha sempre foi umha terceira via, mas tenho curiosidade...
A min encantame que a xente se manifeste pero realmente credes que este movemento pode ser nefasto para as eleccions que se aveciñan en canto a abstencións e beneficios para o PP? Non o sei iso de que a esquerda é moi crítica e pasa de votar, por iso.... Se tan crítica é, supoño que a vez debería ser intelixente e saber o que provoca non votar. De feito o que o movemento reivindica é un "voto responsable" e quere modificar as leis electorais para impedir o bipartidismo...
Non creo que este movemento beneficie ao PP mais do que o fai a crise en si mesma e o goberno de ZP...en flin...
A min o que me gustaría é que durase mais aló das eleccións...
Post a Comment