segunda-feira, 3 de janeiro de 2011

Onde estam as mulheres e os homens em Espanha?

No mapa de embaixo podedes ver a diferencia percentual entre mulheres e homens por províncias espanholas.


No blogue onde atopei a informaçom falam do "efeito noroeste". Curioso. Manda caralho, eh???!!! Di no blogue que as provincias menos populadas tenhem tendência a ter mais homens que mulheres. Sem embargo esa tendência quebra-se no noroeste, onde o coportamento é monolítico, incluindo Lugo, Ourense, Leóm, Samora...etc. Umha birra a quem me de umha explicaçom....

http://blogs.lainformacion.com/a-base-de-datos/2011/01/03/las-mujeres-estan-en-el-noroeste-de-espana/

3 Comments:

Manolo said...

Coido que é polo maior peso que sobre o total da poboación ten o segmento de xente de máis de 65 anos nas provincias que citas. Tal e como se pode comprobar en calquera piramide poboacional, é precisamente neste tramo onde as mulleres son bastante máis numerosas que os homes e posicionan a media global claramente ó seu favor. A isto engádese o feito de que o diferencial da esperanza de vida entre home e muller é máis acusado nestas zonas.

Como o prometido é débeda...para o xoves vai pondo unhas Sagres ou Bock -tanto me ten- a enfriar ;)

O'Chini said...

Vaia vaia...
ou seja que provincias jovens, som varonis, e provincias velhas, som femininas.

Ou dito doutro jeito, cando hai ghanas nom hai onde mete-la, e cando já nom hai ghanas nem nada, daquela sobram....

Superbock logo!!

Gonzalo Amorin said...

Contra! Mas se é claro, a emigraçom amigos!! Sempre fomos os homes os que emigramos, e isso ainda nom cambiou. Nem mais nem menos. A esperança de vida das mulheres tamém tem que ver mas sem tanto peso.