segunda-feira, 26 de julho de 2010

chuza! fechou :((

Tal como foi anunciado chuza! pechou as súas portas o domingo 25 de xullo de 2010 ás 23:59 logo de máis de 4 anos de funcionamento. Se fuches usuario, visitante ou tes curiosidade polo seu futuro agardo que esta información che sexa de utilidade.
Onde vai a comunidade?
Pois estas úlitmas horas antes do peche houbo dúas propostas por parte de varios membros da comunidade:
A primeira é mudarse á rede social de novas portuguesa DoMelhor, aló foron varios usuarios e xa teñen actividade no sitio.
A outra proposta xurdiu por parte doutro grupo de usuarios e propón darlle continuidade ao proxecto creando un novo chuza xestionado pola comunidade, para organizarse hai estas dúas páxinas:
Unha idea na plataforma de crowdsourcing Galegolab que de momento está moi incompleta á falta de máis definición.
Un grupo en Google Groups como método de comunicación entre a xente interesada en continuar co proxecto
Que vai pasar agora
Nos próximos dias anunciarase a apertura do arquivo estático de chuza para a súa consulta online.
Calquera novidade a maiores será anunciada nas seguintes páxinas que polo momento siguen funcionado:
A wiki de chuza
A conta de twitter @chuza
O grupo de Facebook
Que máis?
Darvos as grazas por todos estes anos de colaboración. Agardo que esta comunidade non desapareza e atope o seu acubillo aló onde se sinta máis cómoda.
Eu paseino moi ben. Vémonos.
–Berto Yáñez (bertez@gmail.com)

http://chuza.org/

1 Comment:

Gonzalo Amorin said...

Vam volver abri-lo mais "a la española", todos ao domelhor.net!!!