O outro día foi o blacaute. Na Folha aparecía así mesmo: "blacaute". E lo non mirastes nalgúns deses vosos medios europeos? A presa de Itaupú, que é a rehostia inversa, e que fornece de enerxía ao Paraguai enteiro e a medio Brasil, deu "pau". Que se escarallou, pois; e non se soubo exactamente cómo nin de qué maneira. Resultado: São Paulo enteiro, o Rio de Janeiro, Paraná, o Rio Grande, media Brasilia: mais de corenta millóns de almas toditos sen luz entre as once e as dúas da mañá. Trens que pararon e xente rompendo as xanelas, as rúas iluminadas só polos propios coches, o caos do tránsito. Un colegha, que curra nunha radio nocturna, subindo a pé os 24 andares do prédio (e os fumadores baixándoos a cada pouco para iren bota-lo pito!). Uma beleza, em fin, que eu vivín confortablemente a canda uns macarróns e unha Caracu, que é preta e algo amarga. Lembranzas da infancia a vela na Hill´s Land!
Polo demais, estaba hoxe estarricado mirando pra Tv Futura, que é unha das que ten máis xeito do local, e velaí que me/nos recomendan esta curta. Aí a vai, sexa de benvida para o novo habitante da Zona case homónimo da cidade en que eu moro, e tamén dedicado á Martita, que se especializara neste tipo de contidos no noso blogue.
Inspirada nun poema de Blake, que me parece que é ese que adiviña cousas da televisón hispano-imperial, a curta vai dando imaxes moi recoñecibles aquí de Sampa: a avenida Paulista, o pico do Jaguaré, a marxinal do Río Pinheiros... seguen todos invitados, e despois postearmos as imaxes dos encontros!
Ahquele ahbraço!!
terça-feira, 17 de novembro de 2009
Un tighre en Sampaulo
Posted by O'Poldow at 01:54
Labels: noticias, Videoclips
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
8 Comments:
Boh! E xa non me acorda como era para que aparecese directamente o vídeo. Se algún/gunha tendes tempo podiades darlle un xeito, pode ser?
Brigadão!
Que chula a curta!
Por certo como se fai para excluir os comentarios excluidos? E que non teñen sentido ningún, hehehe
Eu algo lera, agora que o dis, pero pensei que fóra cousa pequena....
Ai, que risas coas adatações brasileiras, meu....blacaute...hehehehehehehe:))
Gracias pola benvida Poldow
Interesante curta.... no min 1.29 a miña mente retorcida ve unha caricatura dun ex gobernante mundialmnte coñecido.?????
Admitense propostas.
Tá moi bem o video! Que medo metem as figuras humanas que sustentem ao tigre, longe de quedar mal, dam-lhe um toque tenebroso.
A mim no 1.29 nom se me fai ninguem conhecido....
1.29: FIDEL cASTRO
Coitado Fidel, cos seus chándales Adidas! Na verdade, esa imaxe é do tipiquísimo porteiro dos edificios (o concepto, non a gheta): a cidade esta cheeea de casetos deses diante dos predios, e parecen talmente, en pensándoo, acuários de peixes... Webmaster, e non había un ritual de iniciación para os que entran na seita?
Post a Comment