Resultame curioso que as veces falando con amigos e coñecidos encontrome con algún ou algunha que se autoproclama independente e que quere a a independencia para Galicia.Pareceme unha opción moi válida a cal respeto pero non comparto, e non porque non me guste senon porque me parece algo inútil.
Enton chegados a un punto eu preguntolle ¿E que significa que Galicia sexa independente?, a primeira resposta soe ser "pois que sexa independente", a segunda tras reincidir eu na pregunta soe ser"que non dependa de España".
Dándolle voltas ó asunto eu empezo a pensar e digo:Pero vamos a ver,a maioría das normas no modelo actual non nos veñen impostas dende o Estado español e dicir se ó veciño de Guitiriz o multan por excederse da cuota lactea é porque as directivas e reglamentos da Unión Europea así o dín;Se Batasuna foi considerado unha formación ilegal foi tamén porque asi o dixo o Tribunal Europeo dos dereitos Humáns de Estrasburgo;A Uníon europea é a que dicta a maioría das normas en materia de regulación de costas(é dicir se podes ou non costruir un chalé na ría de Noia dicho o Parlamento europeo.Dentro de pouco acabarán por dicirnos como se prepara o pulpo a feira(están en marcha varias directivas en materia de nutricción).Estes son so algúns dos exemplos pero hai moitos máis.Pretendo dicir con elo que España como estado perdeu o forte das súas competencias,hoxe en día vamos cara un proceso de concentración de poder na Comunidade Europea na que os países involucrados ceden as súas competencias.¿Convenlle a Galicia aislarse de europa? eu penso que non, é máis, nunca llo oín dicir a ningún político que se autoproclama independentista.
En conclusión,tanto os que dín que "España se rompe" como os que proclaman a "independencia" para certas Comunidades autónomas deberían pensar máis aló e non sei que me dá que tras estas proclamas( sobre todo cando veñen de políticos) hai certos intereses económicos ou electoralistas.Eu a única forma de independencia que vexo hoxe en día e cavar unha zanja e plantar un muro así de paso si que poderemos dicir que "España se rompe".
segunda-feira, 30 de novembro de 2009
Independencia e pulpo a feira
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
2 Comments:
Bom, é fazil dizer cousas sem comproba-las, pero haveria que ver umha a umha quantas das polĩticas que dixeches som ũnica responsabilidade dos tecnocratas europeus.
Por outra banda, Espanha forma parte da UE porque assi o decidiu: ademais tem dereito a voto e veto nas esctructuras ejecutivas. Galicia, pola contra, nom. Galicia fai o que diga Espanha: nom tem nem voz nem voto. O Parlamento Europeu, onde podemos sentar alguns deputados galegos, nom serve PARA NADA. O legislativo é um poder para sair em EuroNews pero nada mais.
Independencia? Se nos ponhemos em plam económico, ninguem hoje em dia tem independéncia real. Até os paises mais grandes som dependentes de outros económicamente, e das suas decissons políticas.... Para definir esta ideia é mais exacta a palavra "autarquia", pero isso ninguem o quere. Todo o mundo necesita relacionar-se co entorno. Nacionalistas e independentistas incluidos. Olho! Pero em pé de igualdade, e nunca como se relacionam as colónias coas metrópolis.
Independencia tamem conleva soberania e autodeterminaçom: Ser donos da nossa política e do nosso futuro. Ser donos do nosso território e tomar as decissons sem tutelas, ou se calhar, aceitar tutelas VOLUNTARIAMENTE e nom por imposiçom. Velai a diferencia.
Se Galiza for independente(=soberana) e tivesse a sua representaçom na UE, poderiamos intervir em determinadas decissons que nom nos gustam e adecuar na medida do possivel essas polĩticas ãs nossas necessidades, e nom ver-nos obrigados a "comulgar com ruedas de molino" -como dim os castizos- polo mero feito de pertencer a um estado que nom nos representa genuinamente (e isto nos levaria a outros temas....)
Mira para a república checa... Um mini-pais, semelhante em tamanho a Galiza, e que puxo em jaque a toda a UE porque tinha medo que os alemans recuperaram as possessons expropiadas tras a II guerra mundial, e queria cambiar as leis para evita-lo.... E este é simplesmente o exemplo mais recente....pero como bem sabes hai moitos moitos mais...nom hai mais que mirar cantos paises puxerom os seus "peros" particulares ao tratado de Lisboa, e conseguirom modifica-lo...Iso, consegue-se com SOBERANIA, e nom sendo umha colónia.
Por definiçom, caro Pablo, e isto é impepinable: a soberania voluntária (polo principioautodeterminaçom) deveria ser um dos pilares básicos das democracias modernas. E negá-la. é profundamente antidemocrático. O povo sempre deve ser que mais ordena.
Caro Chainis acavo de colar o meu post e agora acavo de ler o teu... sem comentarios! Penso que a sinérgia é incuestionável. hehehehe!!! Umha aperta.
Caro Pablo nom estou de acordo em nada do que dis no teu post. Saudos.
Post a Comment