Em: Um grupo promotor de treze pessoas de distintos ámbitos sociais apresentárom nesta sexta-feira na capital da Galiza a iniciativa social Sermos Galiza, um projeto que visa criar um Grupo de Comunicaçom que gerirá um diário digital e um semanário em papel em galego. Em concreto, participam no projeto as escritoras Marga Romeiro, Teresa Moure e Marica Campo, o professor da Universidade da Corunha José Ramom Freixeiro Mato ou o cantante e escritor Jurjo Souto, entre outros, um grupo que tentará "oferecer à cidadania um produto informativo novo e distinto", que "defenda os interesses da Galiza" em galego. Durante a apresentaçom deste grupo de comunicaçom, os representantes de Sermos Galiza vírom "urgente e necessário" este projeto num "momento de asfíxia dos meios em galego", polo que encorajárom aos setores "mais conscientes, dinámicos e críticos" da cidadania a "se comprometerem ativamente", indicando "que este é um projeto aberto a todo aquele que quiger um meio destas caraterísticas". Com este fin, estabelecerám contatos com associaçons e entidades do tecido social galego, que "mostrárom o seu interesse em contribuir ao nascimento desta iniciativa", dado que o objetivo é o projeto se manter por si próprio, sem dependências empresariais ou institucionais". "Estamos vendo como o Governo galego pode, quando quer, aprisionar ou facer desaparecer meios de comunicaçom que non lhe interessam e, por isso, a nossa baza é a independência e o compromiso firme dos lectores", sentenciaron os promotores. 3.000 assinantes Para o projeto ser viável, o grupo acha necessário o apoio de um mínimo de 3.000 assinaturas e um capital social coletivo, evitando acionistas maioritários. Aliás, segundo explicárom, o novo meio de comunicaçom terá no galego "um sinal de identidade e um eixo chave de definiçom", aproveitando também "sinergias comunicativas com os meios portugueses". O novo meio terá como "eixos" a "independência" e a "pluralidade", polo que "fugirá" tanto "do submetimento ao mercado publicitário" como da "propriedade empresarial de capital único".
"Um projeto como este vai recolher o entusiasmo e a energia de muitos que se resistem a que a Galiza desapareça", assinaláron os integrantes da iniciativa, que formalizarám agora os apoios já solicitados e desenvolverám umha campanha para angariar de novos colaboradores.
sábado, 2 de julho de 2011
Sermos Galiza impulsionará um diário digital e um semanário em papel em galego.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
22:19
1
comments
Os Bourbons, especie protegida.
Posted by
Gonzalo Amorin
at
21:57
2
comments
Labels: política.
quinta-feira, 30 de junho de 2011
Galicia Hoxe: bágoas de crocodilo
Carlos Vazquez Padin, lider de Converxencia XXI
O xornal do grupo Correo Gallego deixase de publicar en papel, e a pesar de que moi poucos o comprábamos, menos de 300 exemplares diarios de venda en quiosque, moitos dirán que están apenados e aproveitarán para facer o que mellor sabemos facer neste País, repartir culpas e fuxir das responsabilidades, resulta grotesco que unha organización que, de momento, ultrapasa os 250.000 votantes como o BNG e que presume de ser moi defensora do galego non teña ningunha responsabilidade que asumir en que o único xornal en galego non vendese en quiosque nen 300 exemplares por día.
Pero, porque non compraban o único diario que estaba escrito en galego os nacionalistas de esquerdas que tanto presumen de que lles preocupa o idioma? Porque non o compraban a pesar de que neste momento tiña unha liña editoral desde a esquerda á estrema esquerda?, o artigo máis destacado deste domingo era un de Beiras que ocupaba a terceira páxina completa, o máis dereitoso que vin foi o de Ceferino Diaz, deputado do PSOE no congreso, tamén vin un suplemento chamado Altermundo que se preguntaba polo comezo dunha revolución anticapitalista, ademais tamén colaboraba habitualmente Carlos Callón, presidente da Mesa ou Antón Losada, coñecido spindoctor da esquerda, etc. Desde logo un produto máis adaptado ao afiliado medio do BNG ou mesmo do PSOE que a min.
Todo isto abona a miña tese de que o que lle importa realmente ao nacionalismo marxista é a sua concepción sectaria da realidade e non o carácter nacional de Galicia, teño para min que a explicación está no sectarismo do mundo da esquerda nacionalista galega que por ser o GH propiedade dun grupo mediático conservador, preferían e prefiren comprar xornais integra ou maioritariamente en castelán por ser estes editados por empresas que eles consideran que son máis achegadas á esquerda, o que mostra con moita claridade cal é a sua xerarquia entre esquerda e Galicia, agora din, como se ese xornal que nunca compraron e case nunca leron lles importase moito, que é unha lástima a perda de GH, que a língua está en perigo e que a culpa é da Xunta por non subsidiar aos medios en galego, en definitiva parecerán tan desolados como se fosen lectores do periódico desaparecido.
O fracaso de Galicia Hoxe é unha alegoria do fracaso ao que están conducindo a Galicia as duas ideoloxias que explican, na miña opinión, o noso atraso, non só o fracaso do marxismo galego, senón tamén o fracaso cara o que nos leva a Galicia conservadora que coa sua política intervencionista encamiñada a fortalecer o seu control social e político á custa do diñeiro dos contribuintes, deu e dá orixe a proxectos como este que tivo a sua orixe nos subsidios á prensa e non nun plantexamento de mercado viable, calquera que coñecese este Pais sabería que o groso do mercado “interesado” en ler en galego non compraria un medio do grupo Correo tivese a liña editorial que tivese, calquera que coñecese este País tamén sabía que a Galicia centralista, fose está conservadora ou socialista e que vota PP ou PSOE, non tiña nen o máis mínimo interese ou mesmo capacitación para ler en galego, entón, ulos lectores para facer o proxecto viable?
O señor Feijóo e compañía son moi listos, din que son moi “austeros” cando lles interesa finiquitar algo que non é viable e que lles interesa que morra, pero son moi despilfarradores e intervencionistas cando o que é inviable é da sua comenencia que sexa viable, como algunha da prensa afín que tampouco le case ninguén, cabeceiras que todos sabemos que existen pero que non coñecemos a ninguén que as lea hai como mínimo un par delas neste País escritas en castelán e están sostidas igualmente con diñeiro público pero non acaban de quebrar, porque será?. Algúns manipularán desde a esquerda dicindo que Feijóo é liberal cando o liberalismo é oposto á concesión de privilexios e ás discrecionalidades e arbitrariedades baseadas en inconfesables intereses de parte ás que o presidente da Xunta nos ten tan habituados.
No sector dos medios de comunicación temos un exemplo moi claro do dano que o exceso de intervencionismo público compartido polos tres partidos con representación no Horreo lle fai ao noso País, creando ineficiencia e pobreza, controlando a opinión pública co diñeiro que os cidadáns que conformamos a propia opinión pública aporta cos seus impostos, deteriorando a calidade da nosa democracia pola falta de control do poder político por parte dunha prensa independente, levando a plantexamentos empresariais que non merecen tal nome xa que non dependen para a sua viabilidade da habilidade ou intelixencia dos seus xestores e do mercado libre senón do amiguismo e de que a liña editorial teña contente ou non ao poder, xusto o papel contrario ao que nas sociedades máis prósperas do mundo xoga a prensa, onde a dinámica de mercado exixe control ao poder para vender.
Os xestores do medio tamén teñen moita culpa, tiveron unha ocasión de ouro para lanzar un S.O.S despois da quebra de Vieiros e da Nosa Terra dicindo a todos os que se arrepiaban coa queda deses medios que eles, GH precisaban de vender para ter sustentabilidade como xornal, lástima, teriamos visto a reacción dos que agora derraman bágoas de crocodilo. Cabe preguntarse se este País ten bimbios para manter sen subsidios un medio diario en papel escrito integramente en galego, non están dispostas un 10% das 50,000 persoas que acudimos á mais multitudinaria das manifestacións de Queremos Galego a comprar diariamente un xornal en galego? A experiencia indica que non, só me resta preguntarme se empresarial e xornalísticamente se fixeron ben as cousas nos proxectos fallidos como única posible explicación que compre ainda descartar para a falta de resposta dos lectores.
Agora toca pasar pasar páxina, nunca mellor dito, non perder o tempo en analisar os nosos fracasos colectivos do pasado, porque hai tantos que non fariamos outra cousa, e pensar en que facer no futuro, facer máis e falar menos, eis a transformación que o País precisa, a prensa en papel tenderá a desaparecer cos anos, e hai que ir pensando en facer da necesidade virtude para posicionarse ben en internet, tiremos a moral imprescindible, a responsabilidade é a clave, se algo nos importa temos que promocionalo, compre tamén seguir pedindo que se eliminen por completo as axudas públicas a toda a prensa como único medio para contarmos cunha prensa libre e crítica co poder, e a crítica que compre facerlle á Xunta do PP para inflixirlle o dano político que merecen é a crítica da sua arbitrariedade tramposa no uso do diñeiro público, esa crítica pode facerlle un dano transversal, mesmo no seu electorado, a crítica de que é moi austero, ademais de ser falsa, só logrará reforzalo e a de que quere atacar ao galego, sendo certa, só deixará moi autosatisfeitos aos “defensores do galego” que nunca compraron o único xornal en galego.
http://galiciaconfidencial.com/nova/8123.html
Posted by
O'Chini
at
14:07
0
comments
quarta-feira, 29 de junho de 2011
El Reintegro
Eu esmendrelhei (de mim, de nós mesmos). O tipo é bom, tem retranca o cabrom.
Posted by
O'Chini
at
16:47
3
comments
Los alemanes piden a su gobierno un idioma más fácil
Publicado el 29 de Junio de 2011 por Xavi Puig
Las reivindicaciones populares se volvieron más intensas desde que la semana pasada falleciera un niño de 5 años en Hamburgo mientras intentaba pronunciar el nombre de su hermana. “El aparato fonador humano no está preparado para articular los sonidos de nuestra lengua. Y cuando las cosas se fuerzan, a veces ocurren desgracias”, argumenta el doctor Grüshpildendergrauencordh, experto en otorrinolaringología (Hals-Nasen-Ohren-Heilkunde). Merkel replica que “lo que haga cada uno con su aparato fonador no es un asunto de Estado. Si se utiliza bien, se puede fonar perfectamente sin que haya sustos relacionados con la lengua”.
El manifiesto ciudadano también remarca un inconveniente que ni siquiera el gobierno se ha atrevido a negar: “Nuestra juventud se está quedando fuera de las nuevas tecnologías de la comunicación al no poder sintetizar sus mensajes en frases de menos de 140 caracteres. Alemania es un país de referencia pero no hay ni un solo alemán en Twitter. Nos estamos quedando atrás”.
Muchos ciudadanos han optado por abandonar el alemán y pasarse al inglés o al lenguaje de los gestos hasta que las autoridades se decidan a afrontar el problema. “Buscaremos posturas de acercamiento. Estamos dispuestos a eliminar la letra hache, por ejemplo. Pero hay palabras a las que no podemos renunciar sin traicionar nuestra esencia, especialmente esas que suenan como si estuvieras vomitando cemento”, declara la canciller.
http://www.elmundotoday.com/2011/06/los-alemanes-piden-a-su-gobierno-un-idioma-mas-facil/
Posted by
Marta
at
11:46
2
comments
Labels: humor
terça-feira, 28 de junho de 2011
A sangue frio
Última editorial do director de Galicia Hoxe.
Só lle tiñamos medo a que nos caese o ceo enriba e durante dezaoito marabillosos anos fomos unha tribo irredutible que manteu ergueita a bandeira na que está bordado o ADN deste bendito/maldito país noso, co idioma como fío condutor. Hoxe remata a aventura do Galicia Hoxe, orgulloso herdeiro d’O Correo Galego, afogado pola crise, esnaquizado polo desprezo institucional aventado dende o Goberno que preside o señor Núñez Feijóo, aplastado polo autoodio dunha sociedade civil afeita secularmente a manter unha relación paranoica cos seus propios sinais de identidade.
Se o gran libro da Historia lle dedica unha liña -que llela dedicará- ao proxecto máis ambicioso en favor do galego sostido por unha empresa privada, dirá, con total seguridade, que o GH naceu con Fraga, viveu co bipartito de Touriño e de Quintana, e morreu con Feijóo. Quen tivo a honra de dirixilo -baixo o paraugas protector de Feliciano Barrera, co apoio xeneroso e titánico de José Manuel Rey e cun equipo exemplar de profesionais-, pode dicir algo máis, igual de certo, malia que espido da asepsia dos historiadores: Galicia Hoxe deu os seus primeiros pasos cando a era Fraga agonizaba, e o gran patrón da dereita practicou con nós unha política de permisividade, de ‘laissez faire’, que lle deu osíxeno ao proxecto, logo dos anos de hostilidade contra O Correo Galego.
A etapa dourada vivímola co bipartito, sobre todo porque con Touriño e Quintana chegaron o respecto e unha liberdade descoñecida até entón no universo dos medios de comunicación. Abriuse, tamén, a billa das axudas institucionais -nada que ver coas inxeccións dos gobernos catalán e vasco a proxectos semellantes, pero si unha esperanzadora viraxe na política de defensa do galego- e aproveitamos os catro anos de bonanza para desenvolver un periodismo fresco e independente.
Coa chegada a Monte Pío do ‘señor das tesoiras’, no GH comezamos a escribir a crónica dunha morte anunciada. Consúmase hoxe -mentres o señor Núñez Feijóo entrega ufano as medallas Castelao, simbolo de galeguidade- o asasinato a sangue frío, con aleivosía e a pleno sol, dun periódico crítico, pequeno como a aldea de Astérix e grande no tratamento das noticias coas únicas armas da veracidade, da honestidade e do compromiso con Galicia.
Sei ben o que dirá o ‘señor das tesoiras’: Galicia Hoxe pecha porque a sociedade o deixa morrer, porque non vende o suficiente para ter unha conta de resultados equilibrada. Amén, señor presidente, pero con esa regla de tres ten vostede que comezar a desmantelar -se é que non comezou xa, que barrunto que si- o tecido produtivo deste país tan pequeno como o GH, con Citroën, a nosa primeira industria, á cabeza e metendo no saco das empresas improdutivas a mesmísima CRTVG. Porque nin unha nin a outra poderían sosterse sen as xenerosas subvencións dunha Xunta que utiliza con arrepiante impunidade a lei do funil.
É tan certo que o GH non conseguiu lectores suficientes para se soster como certo é que ningún periódico en Galicia podería vivir só dos seus lectores. A oportuna reflexión do analista Manuel M. Barreiro ofrece luz para quen queira ver: "En Galicia hai milleiros de persoas que, sobre a importancia dun medio en galego, viven en permanente estado de necesidade, pero non dan o paso ao estado de compromiso co sostemento de ningún medio en galego crítico. Somos os lectores os que temos que soster os medios críticos e alternativos, Polo de pronto, apoiando os existentes, dándolles audiencia e contribuíndo economicamente ao seu sostemento".
É dolorosamente obvio que iso non ocorre, así que misión cumprida, señor presidente, pero non se agoche baixo o paraugas das leis do mercado: Galicia Hoxe desaparece porque vostede camiña diante pola corredoira do autoodio, Galicia Hoxe desaparece porque o seu Goberno lle pechou con estrondosa hostilidade as axudas que alegremente reparte noutras leiras mediáticas, Galicia Hoxe desaparece porque non estamos dispostos a dicir que chove cando o que fan e mexar por nós.
Só unha reflexión máis: coa morte do único diario en galego morre tamén un pouco do ADN de Galicia, e tampouco niso andamos como para tirar foguetes. Hai poucos días, presentouse un libro da Universidade de Salamanca, no que participou o profesor da USC Xusto G. Beramendi, que revisa o concepto de identidade nacional no senso de que, xunto co Estado, a xeran a sociedade civil, as institucións e os medios de comunicación. Quizais na ultraliberal Xunta do ‘señor das tesoiras’, nese equipo de demolición (o mestre Beiras dixit) onde falar de identidade nacional é case como mentar o demo, respiren hoxe aliviados co peche dun periódico en galego e, sobre todo, galego.
Mátanos a sangue frío, don Alberto, pero saiba que o sangue quente das familias dos dezanove profesionais que hoxe van ao paro estará sempre aí, lembrándonos que a pluralidade informativa está de loito en Galicia, e saiba tamén que a Historia alumará con cegadora claridade e con exactitude o rol que cada quen desenvolveu neste tan minúsculo como nada pueril episodio. Mentres ese día chega, a todos, boas noites e boa sorte.
Nota
Agradecemos as condolencias dos bos e xenerosos, pero afórrenas para mellor causa. A nosa dor é privada e as nosas feridas, tamén. A familia non recibe. É tempo de silencio.
http://www.galiciahoxe.com/portada/gh/sangue-frio/idEdicion-2011-06-28/idNoticia-682664/
Posted by
O'Chini
at
15:52
1
comments
Desaparece "Galicia Hoxe"
Caetano Díaz: “Houbo quen quixo matar a sangue frío a ‘Galicia Hoxe’ e esa persoa é Núñez Feijóo”
>> "O que hai que dicir en Galicia é o que ao señor Feijóo lle interesa; con nós xa non conta", di Díaz
>> "Que a xente se esforce en defender a lingua e non en chorar polos que loitamos por ela e temos que morrer"
Na xornada de traballo máis triste, o director de Galicia Hoxe, Caetano Díaz, fala xa dende unha redacción baleira que onte pechou as súas portas e hoxe se despide dos quioscos. Quedan dúas sensacións contraditorias: por unha banda, que se “contribuíu ao xornalismo do noso país”, pero que dende a administración galega se puxeron moitas trabas para que aventura seguise adiante. Con Galicia Hoxe xa son catro os medios monolingües desaparecidos no último ano despois do peche de A Nosa Terra, Vieiros e A Peneira.
Entrevista completa, aqui:
http://www.xornal.com/artigo/2011/06/28/comunicacion/houbo-quen-quixo-matar-sangue-frio-galicia-hoxe-persoa-nunez-feijoo/2011062800150900605.html
Posted by
O'Chini
at
12:34
1
comments
terça-feira, 21 de junho de 2011
Pois non che coñecía este dito... ;)
“SALTOCHE POR RIBA, LUME DE SAM JOAM, PARA QUE NOM ME TRABE NEM COBRA, NEM CAM”
Ala saúde, e boas cacharelas...
Posted by
Marta
at
11:23
1
comments
Labels: Lingua
sábado, 18 de junho de 2011
Comprar, tirar, comprar
Para o que non vichedes o documental, moi interesante...
Posted by
Marta
at
14:45
6
comments
Labels: documental
sexta-feira, 17 de junho de 2011
Nom Presentado = Suspenso, 4 convocatórias e outras cousas, na USC
"O "non presentado" pasa á historia na USC: agora contará como suspenso"
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-aulas/gh/non-presentado-pasa-historia-na-usc-agora-contara-suspenso/idEdicion-2011-06-16/idNoticia-679368/
O "non presentado" pasa á historia na USC: agora contará como suspenso
16.06.2011 As convocatorias redúcense de 6 a 4, haberá que matricularse das materias pendentes do curso anterior e para empezar o último ano da carreira será obrigatorio ter aprobado todo o primeiro.
"Estupor entre el alumnado por la nueva norma de permanencia en la Universidade"
http://www.lavozdegalicia.es/deza/2011/06/17/0003_201106D17C11994.htm
Escándalo, vergüenza, grave problema, injusticia... Esos son algunos de los calificativos que los representantes de las organizaciones estudiantiles han aplicado a la nueva normativa sobre la permanencia en la Universidade, que establece, entre otras cosas, que los alumnos de grado tendrán derecho a cuatro convocatorias sucesivas, que se irán agotando se presenten o no. Y es que la fórmula «no presentado» desaparece, y no acudir a una prueba supondrá la calificación de suspenso.
Los primeros en reaccionar a la aprobación por parte del Consello de Goberno fueron los miembros de la organización Comités, que criticó duramente el texto. También el Movemento Estudantil Universitario valoró con crudeza este documento, y aseguró que se han establecido nuevas «obrigas e condicións» que «colisionan frontalmente contra a planificación do estudantado compostelán e lugués», además de «un ataque á universidade pública tal e como a coñecemos».
También la Liga Estudantil Galega ha realizado un primer análisis tras el visto bueno del Consello de Goberno. La organización alude, además de a las convocatorias sucesivas, a la obligatoriedad de matricularse de las asignaturas suspensas al curso siguiente -con un incremento de las tasas- y la imposibilidad de matricularse, por ejemplo, de asignaturas de cuarto curso si se tienen materias pendientes de primero. Este control sobre la planificación fue valorado como «paternalismo» por la Liga, que también aclara que traerá problemas para los alumnos con becas de movilidad, puesto que suelen matricularse de asignaturas de varios cursos durante su estancia fuera de la USC.
La obligatoriedad de haber aprobado todas las asignaturas para poder defender el proyecto de fin de grado también ha sido diana de las críticas de los estudiantes, puesto que el suspender una materia en el último año significa «perder» una convocatoria ya pagada.
Por su parte, la organización Agir afirmó que «o xeito» en el que se ha aprobado la norma «a finais de curso» demuestra «a vergonza» de la USC. Afirman que se ha establecido la obligatoriedad de presentarse a los exámenes «e ademais continuamente» sin contar con medios como «a redución da ratio de alumnos por profesor, bibliotecas e axudas á docencia». No contemplan movilizaciones, ya que «as datas son as que son» y carecen de capacidad.
Posted by
O'Chini
at
14:08
0
comments
Labels: noticias