terça-feira, 13 de outubro de 2009

Retomando o gusto polos concursos

Boas!

si, si... xa sei que nunca escribo nada por aquí e todo iso, pero vendo as fermosuras que se poden facer debuxando saltóns ou louvando un citröen abofé que lle quitan a un as gañas (NOTA: como diría meu pai "nunca desculpas lle faltan ao mal pagador")

Vou ao grao... resulta que hai uns días cheguei dunhas minivacacións en Menorca (por certo, lugar máis que recomendábel para calquera "zonavelheiro" que se preze), o conto é que subindo algunhas fotos ao meu facebook ocorreuseme un concurso un tanto chorras, pero que me vale como disculpa para subirvos a seguinte foto dun sitio guapísimo o "Far de Favàritx", paisaxe luar con solos de lousa guapísimos e un faro que parece saído dalgunha ilustración da nosa Marta... pois ben, velaí vai a foto



e máis a pregunta: Se vos fixades nos cabelos deste dous marabillosos especímenes de homo sapiens se cadra notaredes algo curioso, ocórrosevos algunha idea do "que" e do "por que"?

6 Comments:

Marta said...

mama, xa ten que ser algo moi friki, porque eu non vexo nada anormal...

O'Chini said...

Hei! Que crecido vai o Bruno, rapas!! Vai-te colher!! Hehe!!
Bonita foto por certo. Eu, como nom seja a cor mais clara de cabelo de Bruno com respeito a ti e Maria dous....nom sei....

O'Poldow said...

Redióss, pero que entrega de intriga! Que acontece co aire de Menorca?? Remuíños de enerxía estática ou estética? A foto é linda mesmo, mais dá unha pista, Time´s Man!

Gonzalo Amorin said...

Meu muito caro Duarte! Nunca vim jeito mais inteligente e sutil de que todos os integrantes deste blogue se fixaram com tanto gênio e detençom numha foto.

Nem concurso, nem gaitas!

Conseguiches chamar a nossa atençom e de passo pressumir de senhora e criança. Cousa bonita de pequeno o Bruno!

Agora, postos a continuar com a brincadeira, dizer que, longe de tonos cromáticos e, isso si, mais próximo a energias estático-estéticas, o mais razoável seria pensar, sem dúvida, o seguinte:

o fenómeno (nom me refero a Bruno, senom às pelajeiras implicadas) é fruto dumha prodixionsa combinaçom; por umha banda, do terreno laxoso - entenda-se sedimentário, próprio da lousa - e por outra, junto com a direita proporçom da longura e dondura dos cabelos, dumhas correntes convectivas de ar, que combinadas com o frote que sofrem com o atuendo polimeroso dos inmortalizados, producem umha pequena corrente eléctrica de cariz microestático que arremuinha e pel-galinhea o poro piloso, ouriçando-o. Penso que mais simple impossivel! Estaredes de acordo... nom?

Saudos para a sua senhora e os seu cativo, para você tamém!

Edu P. said...

Ben... ides polo bo camiño con iso da estática, o fenómeno (non o Bruno, senón o ambiental) facía que todos tivesemos os cabelos ourizados... agora que xa sabemos que o conto vai de estática ven a parte doada... por que?
só fixádevos na cor do ceo alá ao fondo

O'Chini said...

Nhooooo!!!!!!!!

Supercalifragilistico-estatico-cuanticalidoso caro Gon!!

Tronos e raios!!!