sexta-feira, 9 de outubro de 2009

"Grelos de Galicia", EM LATA!!!!


Ao melhor vós já o sabiades, pero eu descobri-no aqui. Manda caralho!!!!
Pois resulta que os portugueses som uns fans dos grelos, os restaurantes tenhem bastantes pratos feitos com eles. Som considerados delicatessem!

O meu chefe dixo-me o outro dia -mentres se tomava um prato de grelos- que os melhores grelos eram sem dúvida os da Galiza. Ele sempre que ia ali traia tantas latas de grelos como podia. Galiza é o único lugar do mundo que oferece grelos em lata.

Pois parabéns aos que tiverom a ideia!!!!
PD: a proxima vez que estéja por ai, já me fixarei a ver se as vejo...na minha vida, oes!!!!

2 Comments:

Marta said...

Cando traballaba no restaurante tiñamos grelos en lata, porque son de temporada e así os tes todo o ano e ademais te aforras en cocelos. E están bos!! Pare facer revoltos con eles veñen caralludos. Toma nota: revolto grelos-gambas e revolto de grelos-setas (primeiro botas as setas ou as gambas con un chisquiño de aceite para que se fagan, os grelos van despois que xa están feitos,ben escurridos que soltan moita auga, remexemos ben, unhas voltas, para que se mezclen sabores e por ultimo cascamos un par de ovos en riba e imos remexendo sen deixar que o ovo se cuaxe moito para que non quede moi seco e xa esta!)Tamén faciamos croquetas e filloas recheas! Moi boas! Aqui no gadis que hai ao lado dos cines valleinclan os teñen...xa sabes.

Gonzalo Amorin said...

Goder!! Parezo o cam do Paulov! Que cousas tam ricas! hehehehe!!! Haverá que provar o afamados grelos enlatados. Saudos desde a Pátria para os que estám no filho de-la. Umha aperta!