sábado, 17 de janeiro de 2009

VIDEOCLIPS

Boas! Feliz 2009 a todos! Para inaugurar o novo ano que mellor que introducir unha nova seción! Ata agora había Cadáveres exquisitos, e mascotas varias, eu propoño unha seción de videoclips chulos!

Para comezar, este de Sigur Ros é fascinante. O grupo islandés a mín encántame pero ádemáis os seus vídeos son magníficos.

Sigur Ros - Glósóli



O seguinte vídeo, tamén do mesmo grupo, encántame. Aínda que é certo que eu teño unha debilidade especial pola ledicia dos velliños.


Sigur Ros - Hoppipolla




Aquí vamos cun vídeo de Portishead. É unha pasada ese efecto de movemento baixo a auga pero sen que se perciba o líquido.

Only you - Portishead



En fin... esperamos as vosas aportacións!

Sinto enviar as direcións e non directamente os vídeos pero dame error e non me deixa. Xa o arreglará Zzini, coma outras veces. Grazas.

3 Comments:

Anônimo said...

Hostia, que curioso o de Portishead, sopoño que o rodarían nunha piscina chromakey. Tamén encantoume o primeiro, cando saltan no final e moi emocionante!

Boa idea o de crear esta sección!!

Gonzalo Amorin said...

Os dous primeiros mui chulos, pero tirando a riquinhos. O de Portishead expectacular.

Marta said...

Non estan mal, a min case me gustou mais o dos vellos, pero mais pola historia que contaba que polos efectos especiais (como no de portishead, non sei pero aquelo que me transmite malas vibracións non me entra...como esa musica decadente e opresiva...)