Un gurú local comentou algunha vez, no desencontro das ausencias que non cesan, a necesidade de atoparmos unha tribu; esa que nos fai sentir parte dun todo mais á vez únicos e orixinais, que diría Granpurismo. Síntome na niña con cada acorde no que me acompañades, con cada conversa desas aparentemente nimias das que sempre aprendemos algo, coa vosa exquisita sabiduría tanto para a física nuclear como para a tortilla no punto, pasando polas curvas perfectas (de todo tipo, claro), a mellor luz para a foto óptima, a fuxida dos clichés de todo tipo, a mitoloxía nórdico-celta, o gusto por compartir o delicado, os paseos por lameiras en busca de Frodo e o seu anel, a política nacional e mundial, a controversia reintegracionista e por suposto coa habilidade case malabar para facer da noite máis insignificante a festa máis auténtica e rachada; sen presas e con pausas, sen locais con zapatillas, sen pinchas alienados, sen moita orde mais con concerto, sempre concerto, á hora ou á deshora, para todos os que saben escoitar, bailar, beber e fumar. E ao día seguinte, logo da beberaxe repoñedora, cal apócema máxica de Asterix, recoller e departir, departir, departir…
sexta-feira, 30 de janeiro de 2009
Subscribe to:
Postar comentários (Atom)
6 Comments:
Welcome back, Rober!! Concordo 100%!! Forma bonita de conta-lo!!
Por certo, este teu escrito sera musicavel? Pois eu intentava-o oes... Umha desas cancions cripticas-elclepticas-colagenas que ninguem sabe moi bem de que vai, ou a que vem....(salvo os involucrados)....e logo um estudoso (ou freak, tododepende) anos despois logra comprender quando investiga a vida privada do autor.... Taria bem..hehe..
Concordo plenamente coas verbas do Señor das Partícolas Minúscolas: acabas de anticiparlle ao mundo supra-atómico a fermosa letra dun novo tema. Só queda espallar a música que lle corresponde.
Vaia vaia, moitome ides facer choiar. Pois póñome con iso, a ver se sae algo mais non prometo nada, que as musas andan de vaccións...
Apertas
Si, si está moi ben todo o que contas, pero coidado cos porrazos e chichóns que deparan esas maravillosas veladas hehe. Agardo que fagamos outra xuntanza desas pronto. Unha aperta compañeiro!
Todo um manifesto zonavelhil!! Mussíque-se pois!
Post a Comment