terça-feira, 2 de dezembro de 2008

Editoriais vinde a min!

Que ben! estou contenta! este ano teño traballo editorial asegurado ata setembro!! Buah, teño unha potra que flipo, apenas mando curriculums, e elas veñen a min!Chámanme a casa! Parte llo debo á asociacion de ilustradores, na que cada ilustrador ten unha pequena galería co seu traballo á que moitas editoriais van consultar, e parte supoño que será pola calidade do meu traballo digo eu! E que saio dun traballo e xa me sae outro inmediatamente e con meses de antelación!

En setembro fixen un conto para Baía edicions (o da bolboreta), despois unhas fichas para Santillana. Xusto que remato, chámanme da conselleria de cultura para facer este ano O CALENDARIO DAS LETRAS. Despois xa teño pendiente dende fai varios meses un traballo para febreiro que supoño que me levara ata abril-maio da editorial Casals (unha catalana. E hoxe xa me chaman da editorial Bruño para encargarme un libro de 180 fichas para nenos de catro anos, para empezar a facelo dende o 20 de maio ata 1ºs de setembro...

En fin, que todolos anos sexan así e millor, porque os encargos de libros de texto é o millor pagado que hai e se che saen varios o ano, xa tes o ano ganado.O que menos me gusta e ter que andar lidiando cos presupostos, porque os prezos sempre os dan mais baratos do que as asociacións de ilustradores recomendan e non se pode andar traballando por catro duros e reventando o mercado, bueno que estou aprendendo a pedir mais, pero custame...todo se andará. Hehe, algun día terei un axente que se encargue desa faceta mercantil que nada me gusta, quen sabe!, eu ao creativo!...Xa vos irei ensinado os traballiños...

7 Comments:

O'Poldow said...

Esa lustradora! Pois d`hoxe nun ano, e que sexa para ben! Aplíquese ben nesas creacións, que trabalha vostede cos sonhos das crianzas... abrazos e a polo Andersen de ilustración, ou como o premio se chamar!

crisbodelon said...

Que maravilla! A psicóloga- ilustradora! A parte de facer números e negociar sempre é a máis fea neste teu traballo creativo. Supoño que ademáis che sobrará tempiño para ti. Eu quero algo así para poder seguir a escribir guións e rodalos mentres consigo o meu sustento! Noraboa Martiña, eu, ademáis anímote para que fagas traballos artísticos de ilustradora máis libres, sen ningún tipo de pedido á carta, deixando voar a túa imaxinación que non ten límites!

Edu P. said...

iuuupi!!! parabéns Mart-ista :D

Gonzalo Amorin said...

Brindemos por muitos mais anos como este pois!!! Paranbens!!

O'Chini said...

Que bom!!!
Vento em vola a toda pepa! Parabens mil!

PS: Teras que invitar a umha mariscada pois no Natal, digo eu!!!

:D

Anônimo said...

Parabens Marta!!! telo ben merecido, a calidade do teu traballo é impreisonatte!!!

Marta said...

Moitas Gracias polos parabens... a verdade e que esta semana xa me din de alta como autonoma...a ver como vai a cousa. Biquiños a todos!