quarta-feira, 3 de dezembro de 2008

CASTA NANO

Aquí vos envío un enlace á web dun proxecto documental dun amigo para que lle botedes un ollo ó trailer. Buscáronse a vida de maneira admirable. Colleron un equipo de cámara uns cantos colegas e marcharon un mes á India cun guión baixo do brazo sobre a nova clase media emerxente na India tomando como punto de partida a comercialización dun modelo de coche.

http://castanano.blogspot.com/


Así de paso vos anuncio, aínda que está por confirmar, marcho eu en febreiro un mes á India para reengancharme á increíble experiencia da miña irmá de recorrerse Asia ela sola (agora acompañada nun bo tramo, hehe). Será rematar a curta, que rodaxe é inminente (do 11 ó 14 da prox semana), posproducilo a toda velocidade e facer a maleta, hehe. Xa vos contarei da rodaxe porque volveuse un proxecto moi ambicioso, que recibiu varias subvencións, coprodución dunha productora e un traballo de Arte, Vestiario e Caracterización super currado, entre outras moitas cousas. En fin... xa iredes vendo cousiñas.

4 Comments:

Marta said...

Joder!!! Menuda experiencia que vas vivir Cris!!Que ben! E que huevos lle bota a tua irma! (A ver se consegue probar o sexo tántrico hihi, inda que me teñen comentado dalguén que foi aló, que chega a ser moi pausado e aburrido;) Xa nos iras documentando a viaxe en plan "tio Matt el viajero" dos fraggles...Pois animo ca viaxe e ca curta que xa teño ganas de vela.

Marta said...

Ah! por certo, o documental do teu amigo ten moi boa pinta...

O'Chini said...

Que bom o do documental! Ja esta feito ou ainda nom? O que si e que hai que ter guevos para ir-se assi a ve-las vir a India, esse pais nom e para caguetas! As historias que me contam algum colega que foi ala som para nom durmir, Pero hom! A vida ali e VIDA com maiusculas com todo o bom e malo... Aqui em occidente estamos um pouco anestesiados polas nossas comodidades...

Menuda aventura te vas correr em Asia! Mima! A reserva espiritual, gastronomica e cultural da Terra.
Sabedes ja a ruta ou zona? Que parte de Asia? India tamem? Podias levar umha camara de video e fazer-te o teu proprio documental! Hehe!!! Vades ir de mochila ou de hotel? Bom, pois vai contando, e parabens tamem por tantos projectos funcionando. :D

crisbodelon said...

Eu non me vou recorrer Asia enteira, oxala puidera! Eu reengánchome a viaxe da miña irmá nun tramo: un meseciño na India.
Estou totalmente dacordo contigo, nestes países hai tres veces máis morte, pero tamén tres veces máis vida. Nós vivimos nunha burbulla superficial e fría, sobre todo en canto a relacións persoais se refire. Parece que só podemos coñecer a alguén interesante de borracheira e con luces de neón de fondo e se entras a alguén no metro ou na cola do super eres un lunático!
En canto ó meu colega, sí que fixeron o docu, o trailer montárono despois para poder vendelo polas tvs e festivais e tentar conseguir subvención para voltar á India a extender info e tempo de docu.
Ca curta vento en popa! Estou emocionadísima. Adoro os rodaxes, son unha aventura super creativa onde a ficción toma forma e faise realidade por un intre!!
Bicos!