sexta-feira, 4 de julho de 2008

Mais merda para a nossa língua II

PIDEN QUE SE REFORME A CONSTITUCIÓN

Pereiro e Verino préstanse a unha campaña contra a normalización

Os asinantes do manifesto queren reformas legais para que o castelán sexa o único idioma esixíbel a calquera cidadán do Estado.

O ciclista Óscar Pereiro e o deseñador Roberto Verino, entre outros, veñen de prestar a súa imaxe para a campaña “Manifiesto por la Lengua Común”, que impulsa o xornal madrileño 'El Mundo' e que xurdiu logo da iniciativa dunha serie de personaxes próximos a UPyD. O medio que dirixe Pedro J. Ramírez está a levar a cabo unha iniciativa a prol do castelán, por que, segundo opinan no manifesto, se está a vulnerar os dereitos dos falantes de castelán en comunidades como Euskadi, Cataluña e Galiza. Á ofensiva mediática sumáronse nos últimos días outras empresas de comunicación, como é o caso de Tele 5.

O manifesto, para o que se piden adhesións en internet, asegura que, aínda que todas as linguas son oficiais “só unha delas é universalmente oficial no Estado democrático”. No documento, que esixe que os país poidan escoller o modelo lingüístico no sistema educativo, sublíñase que “son os cidadáns os que teñen dereitos lingüísticos, non os territorios nin moito menos as linguas mesmas”.

Os asinantes piden que os parlamentarios españois creen unha nova normativa legal (reformando a Constitución, se é preciso) para que quede claro que a lingua castelá é “a única cuxa comprensión pode serlle suposta a calquera efecto a todos os cidadáns españois”. Tamén demandan que o galego, o catalán e o euskera non poidan ser idiomas vehiculares no ensino.

Por se fose pouco, os promotores da inicitiva pretenden que os representantes políticos, tamén os que teñen lingua propia, empreguen habitualmente o castelán nos actos institucionais que se desenvolvan fóra dos seus territorios: “o mesmo dentro de España ca no estranxeiro”.

1 Comment:

O'Chini said...

A tenor deste post, e doutros que venehm depois:
O diario El Mundo esta apoiando o manifesto de marras, lim no aviom umhas declaracions de Iker (o da seleccion) aproveitando o tirom da seleccion para meter canha as linguas espanholas nom castelhanas.

Pero se eses espanhois prefirem, (eu si, nisto penso que estamos dacordo) eu prefiro chamar a estas linguas nom espanholas. A ver se aprendemos os galegos dumha vez a corresponder ao amor que nos adicam proporcionalmente, a nom lamber a quem nos rejeita.